Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Oportunidades azuis



REDACCIÓN · PUBLICADO O 07 DE DECEMBRO DE 2018 · (0)



O Grupo de Acción Costeira da Ría de Arousa dá a coñecer as oportunidades económicas que ofrece o mar. Será na tarde do martes 11 de decembro no Pazo Vista Real en Vilanova, onde os asistentes exporán proxectos, consultarán dúbidas e coñecerán de primeira man as investigacións que se fan en Galicia e Portugal.


Despois de cada bloque tamén poderanse facer consultas directas sobre posibles ideas e iniciativas, e mesmo axendar encontros coas entidades. O obxectivo é conectar a administracións, produtores de coñecemento e axentes tecnolóxicos, con demandantes de tecnoloxías para a innovación no campo da economía relacionada co mar.

Desde a Secretaría Técnica da Plataforma Tecnolóxica Española da Pesca e a Acuicultura (PTEPA), en liña co discurso da Comisión Europea, defenden que ademais da pesca, a economía azul ten potencial de crecemento e creación de emprego en moitos sectores.  Uns 350 millóns de empregos están vinculados ao mar en todo o mundo según Nacións Unidas, que recalca que a enerxía renovable mariña “pode desempeñar un papel vital así como a acuicultura na adaptación e mitigación climáticas” sen esquecer que a enerxía do océano "é unha das respostas para satisfacer a crecente demanda de electricidade limpa”. A biotecnoloxía azul, aínda que é unha industria exigente, tamén é moi prometedora. Os seus resultados aplícanse nunha ampla gama de sectores como o farmacéutico, o cosmético, o da nutrición e a alimentación e o enerxético. 

Quen estará

En España, a economía azul emprega a máis de 691.000 e en toda a Unión Europea representou en 2016 o 1,3% do PIB total, polo que Bruxelas considera vital establecer sinerxías entre autoridades, entidades investigadoras e empresas, para conectar as ideas e iniciativas coas persoas e grupos. 

Ese é precisamente o obxectivo desta sesión de traballo. Abrirá a xornada a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez Carballo para presentar as liñas de traballo da Consellería do Mar aliñadas coa economía azul. A continuación, Yolanda Molares, do ICSEM (Instituto para o Crecemento Sostible da Empresa) presentará a economía azul como concepto e filosofía de traballo sostible nos territorios costeiros. Rosa María Carballo Martínez, xerente GALP Ría de Arousa, dará paso a algúns dos proxectos destacados do territorio da Arousa en relación coa economía azul, que serán presentados polas persoas promotoras. Paloma Rueda Crespo, directora do CETMAR (Centro Tecnolóxico do Mar), presentará varios proxectos e investigación na liña do crecemento azul, con potencial para ser replicados na Ría de Arousa. A seguir, Carlos Botana, xefe do Departamento de Sostibilidade da Autoridade Portuaria de Vigo, presentará o caso práctico de implementación da Estratexia Blue Growth no Porto de Vigo, que neste momento é a entidade galega máis avanzada na aplicación das recomendacións europeas para o fomento da economía azul. Pechará a xornada Rui Azevedo, secretario xeral do FÓRUM OCÉANO, entidade portuguesa enfocada no coñecemento e economía do mar. 




Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)