Publicidade

istoelecer


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O novo comprador de vivenda



REDACCIÓN · PUBLICADO O 31 DE DECEMBRO DE 2018 · (0)



A nova Lei Hipotecaria traerá cambios substanciais nun sector que xa avanza que en 2019 se vai retrasar a idade de emancipación, facendo aos maiores de 40 anos os compradores estrela, segundo un estudo de Casaktua.com.


Entre as novidades que traerá consigo a nova Lei Hipotecaria destacan a que afecta aos custos de contratación da hipoteca, que pasarán a correr a cargo dos bancos; as comisións de amortización e de conversión dun préstamo hipotecario de tipo fixo a un variable, que serán máis baratas, ou a prohibición das cláusulas solo, cuestións que, xunto ao incremento progresivo dos prezos da vivenda, ao aumento da demanda en compra e venda ou a influencia directa da transformación tecnolóxica, provocarán un novo escenario no que o portal inmobiliario percibe seis tendencias que marcarán a vivenda en 2019:

A vivenda como lugar de traballo. Grazas a Internet e ás novas tecnoloxías, cada vez é máis normal traballar dende casa. O teletraballo xa é unha práctica común noutros países europeos, e España, pouco a pouco, tamén vai avanzando. Segundo o estudo, o 24% dos entrevistados utiliza a súa vivenda para actividades laborais, xa sexa de maneira habitual ou de forma esporádica. En concreto, o 14% traballa a distancia e ao 10% a súa empresa premítelle ter algunhas horas de teletraballo. Tendo en conta a evolución do mercado laboral esta práctica irá en aumento.

Os maiores de 40 anos, os novos propietarios. O 25% dos millennials tiña pensado adquirir un inmoble en 2018, sete puntos máis que en 2017. Sen embargo, se o presuposto tope rolda os 150.000 euros e os aforros para a compra non superan os 10.000 euros, esta decisión podería aprazarse, sobre todo nas grandes cidades. Ademais, os elevados prezos do aluger levarán a que a idade de emancipación se vaia retrasando. En 2019 os principais compradores serán as persoas de 40 anos ou máis, e moitos deles apostarán pola vivenda de reposición.

As visitas virtuais ou as proptech, estrelas nla busca de inmobles. Os portais online e as axencias inmobiliarias configúranse como as principais fontes de busca de vivenda (aluguer e compra) en España cun 66% e un 60%, respectivamente. Por que? Pola precisión e nivel de detalle dos inmobles que ofrecen grazas a ferramentas como as visitas virtuais, fotografías 360º, vídeos ou incluso drons. Tamén pola aplicación das chamadas proptech (xeolocalización, big data, machine learning).

Apóstase pola tecnoloxía para conseguir máis eficiencia enerxética no fogar. Segundo o estudo, o 90% dos españois dispón dalgún tipo de tecnoloxía no fogar. Os robots de limpeza ocupan un lugar preferente (o 36% dispón de un) xunto aos robots de cociña (20%). Á hora de definir as próximas tendencias, os entrevistados apostan polo uso de lámpadas LED intelixentes, o control remoto da calefacción ou a instalación de electrodomésticos intelixentes. Isto demostra que a concienciación sobre a eficiencia enerxética é cada vez maior. Aos elementos anteriores uniranse outras solucións como o illamento térmico, o uso de enerxías renovables ou os aforradores de enerxía.

Maior esforzo para o aluguer e proliferación da compra. Máis alá do uso e equipamento da vivenda, os últimos datos apuntan a que o esforzo económico das familias para pagar os seus inmobles aumentará. Segundo os expertos, o aluguer superará o 35% dos ingresos familiares, por riba da porcentaxe recomendada polo Banco de España. Este feito, unido aos cambios na Lei Hipotecaria e á mellora do emprego propiciarán que a balanza se incline á propiedade.

Decoración marcada polos elementos naturais. Segundo os profesionales de interiorismo, a decoración do próximo ano estará marcada polos espazos abertos, a madeira, as fibras naturais, o terrazo e a mármore (tanto en mobles como en solos), o metal con tonos negros, o rematado en ouro ou o papel pintado. As plantas de interior e a artesanía nórdica continuarán sendo as tendencias estrela.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)