Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

As rebaixas xerarán máis de 5.600 empregos en Galicia



REDACCIÓN · PUBLICADO O 02 DE XANEIRO DE 2019 · (0)



Trátase dun 4% máis que o ano pasado, pero só a provincia de Coruña verá como se incrementan os postos de traballo creados respecto á campaña de 2018. A nivel nacional, as rebaixas xerarán máis de 120.000 contratos, un 4,1% máis.


Os 2.394 empregos que se xerarán na provincia da Coruña na campaña de rebaixas deste ano supoñen un 10% máis que os creados no mesmo período de 2018, o que sitúa a esta provincia, xunto coas de Barcelona, Palencia, Almería e Salamanca, como a terceira de España con maior incremento, só superada polas de Valladolid e Ávila, ambas cuns aumentos do 15%. Pola súa banda, as outras tres provincias galegas non rexistran variación repecto á anterior campaña de rebaixas de inverno.

En cifras absolutas, nesta comunidade autónoma crearanse neste período un total de 5.624 empregos, unha cifra que representa un 4% máis que en 2018 e a sitúa como a sétima rexión española onde máis contratos se asinarán nesta época do ano. A provincia galega que máis emprego xerará é a de Pontevedra cun total de 2.656, seguida da da Coruña (2.394), Lugo (290) e Ourense (285). Estas cifras fan que só as dúas primeiras estean nos postos altos da clasificación española: Pontevedra no décimo, e A Coruña no duodécimo.

Así o indica un estudo elaborado por Adecco, no que se destaca ademais que o gran consumo, que engloba alta perfumaría, cosmética, electrónica, xoguetaría, alimentación, retail, imaxe, son, loxística, transporte e a industria téxtil, entre outros, será o sector que xerará máis emprego nestas datas. Ademais, as áreas ligadas á atención ao cliente ou forza de vendas serán as grandes beneficiadas desta campaña.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)