Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A vivenda, principal gasto dos 'millennials' e 'centennials' galegos



REDACCIÓN · PUBLICADO O 02 DE XANEIRO DE 2019 · (0)



A diferenza doutros mozos españois, que pensan no lecer como primeira opción. En Galicia, o nivel de gasto dos fogares cun sustentador principal menor de 30 anos rolda os 23.300€, aínda que varía segundo a provincia. En Lugo, por exemplo, gastan máis en transporte ca en ocio.


Xeración E, Xeración Z, Millennials ou Centennials, toda unha variedade de nomes para definir aos nados a partir dos anos 80 e practicamente ata 2010. Son un dos grupos que maior interese espertan nalgunhas marcas.  “O gasto anual medio dos fogares cuxo sustentador principal forma parte deste segmento sitúase entre os 17.000 euros anuais e os 24.500€, pero a porcentax que destinan ás principais partidas son moi similares entre grupos”, comenta Agustí Amorós, director de desenvolvemento de negocio de AIS, empresa que desenvolve os Habits Big Data.

Mentres en Lugo o conxunto de gastos anuais deste segmento situouse en 2017 nuns 20.200€, na Coruña superou os 25.500€. Con todo, a maneira en que se distribuíron os gastos nas distintas partidas foron similares. O groso dos fogares millennials e centennials galegos destinouse ao pago da vivenda e as subministracións. Isto é ao redor dun 30%, podendo chegar ao 35% se engadimos mobiliario e equipamento. Esta característica coincide co resto de grupos de idade.

Aínda que na maioría de provincias españolas a segunda categoría máis importante en canto a gasto é o lecer, en Galicia a compra de alimentación en establecementos comerciais (non restauración) pasa por diante. A ela destinaron aproximadamente o 16% do gasto en 2017. A terceira partida máis importante é o lecer: ao redor do 13% investiuse tanto en gozar de hoteis, cafeterías, bares e restaurantes, como en entradas de cinema, espectáculos e outros elementos culturais como museos ou a compra de libros. Cabe destacar que esta porcentaxe destinada a actividades de recreo dos galegos é máis baixo que a media española. A media nacional está máis preto do 17%. Unha mención especial merece o caso dos fogares de mozos en Lugo, pois nesta provincia o gasto en lecer está por baixo do gasto en transporte, ao que se dedicou en 2017 o unha media dun 15% do total dos gastos. No resto de provincias galegas, o transporte está no cuarto lugar do ránking, apenas supoñendo unhas décimas menos que o lecer.

A roupa e o calzado son a seguinte partida en importancia para as xeracións máis novas. A iso destinaron aproximadamente o 6% do total do que gastaron de media ao ano, tanto en Galicia como no resto de comunidades. Saúde e comunicacións apenas representaron un 3% dos gastos.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)