Publicidade

istoelecer


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os enxeñeiros informáticos achegan a robótica e os drons aos nenos hospitalizados no CHUS



REDACCIÓN · PUBLICADO O 03 DE XANEIRO DE 2019 · (0)



O Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia imparte esta mañá un taller sobre estas dúas materias para que os máis pequenos poñan en práctica o seu talento dixital, desenvolvendo competencias persoais.


A través desta xornada, que se desenvolve de 11 a 13 horas na Aula Hospitalaria do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, o Cpeig pretende dar as nenos de toda Galicia unha oportunidade para achegarse de forma lúdica e divertida á tecnoloxía e á enxeñaría en informática. A xornada, que servirá de xerme para que os rapaces poidan experimentar novas calidades e comecen a interesarse polas novas tecnoloxías, estará impartida polo enxeñeiro en Informática Manuel Montesinos Miguélez e o enxeñeiro de Obra Civil Telmo López López.

Ademais de escoitar unha breve explicación sobre o contido da xornada, os máis pequenos poderán probar as súas habilidades nos kids de robótica e probarán os circuítos de pilotaxe de drons. Co auxe actual dos drons e o aumento de ofertas de traballo relacionadas con esta tecnoloxía, os rapaces coñecerán as diferentes partes do dispositivo, aprenderán a súa montaxe e farán probas de voo.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)