Publicidade

istoelecer


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Juan Gómez Piña, director xeral de Operacións de Arriva en España



REDACCIÓN · PUBLICADO O 03 DE XANEIRO DE 2019 · (0)



Compatibilizará o cargo co de director xeral de Arriva Galicia, que vén desempeñando desde xaneiro de 2015, perído no que materializou a compra das empresas Autos Carballo (Aucasa) e Santiaguesa Metropolitana, e de varios activos do Grupo Autocares Vázquez.


Dende a súa incorporación a compañía pasou dunha facturación ao redor dos 12 millóns aos 21 millóns e de ter unha frota de 128 vehículos aos 224, sumando traballadores. O executivo nado en 1966 no concello de A Cañiza, di que afronta esta nova etapa á fronte da Dirección Xeral de Operacións (COO) de Arriva en España “como un reto ilusionante”.

Cunha formación técnica en xestión de transporte de viaxeiros por estrada e de mercadorías, iniciou a súa carreira na compañía Gómez de Castro. En 1991 incorpórase ao Grupo Monbús, desempeñando diferentes cargos directivos, chegando a ser director xeneral e adxunto a Presidencia. De 2011 a 2013 exerce como director xeneral de Autos Carballo (AUCASA) e máis tarde encargarase da dirección dunha empresa de consultoría e análise do sector do transporte. En xaneiro de 2015 incorpórase a Arriva como director xeneral de Arriva Galicia, converténdose así no primeiro galego que dirixe esta filial desde a súa integración na multinacional inglesa, e desde decembro de 2018 encárgase tamén da Dirección Xeral de Operacións de Arriva en toda España.

Arriva opera en Galicia desde 1999. Con sede na Coruña transporta ao redor de 5 millóns de pasaxeiros cada ano. Conta cun persoal de 300 traballadores e unha frota de 224 vehículos tamén é un dos principais operadores de transporte escolar e ofrece servizos discrecionales (turísticos, empresas, e a demanda). Está integrada en Arriva, cun equipo que en España supera os 1.000 empregados parte da compañía Deutsche  Bahn, o maior operador de servizos de transporte público de Europa que opera en 14 países da UE.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)