Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O Consorcio da Zona Franca oferta 19 empregos



REDACCIÓN · PUBLICADO O 03 DE XANEIRO DE 2019 · (0)



Convoca catro prazas de persoal laboral fixo polo sistema de acceso libre mediante oposición, e outras quince prazas de funcionario do sector público estatal. O delegado, David Regades, quere paliar os recortes que sufriu a institución “que nunha década viu como aumentaba considerablemente a súa actividade mentres que o seu persoal pasaba de 84 a 65 persoas”.


As bases da oferta de emprego á que desde hoxe poden concorrer todas as persoas interesadas e que estean en posesión dun título de grao ou diplomatura,  pódense coñecer consultando o BOE do 24 de decembro de 2018, ou tamén a través da web do Consorcio da Zona Franca que pretende cubrir os postos dun técnico/a de Administración Xeral; dous técnicos/ as de Xestión e un técnico/a Informático/a.

Tamén convocará 14 prazas de persoal laboral fixo mediante o sistema de concurso ou concurso-oposición. Con estas prazas cubriranse os postos dun Responsable de Área; un Analista Económico; sete Técnicos/ as; tres Administrativos/ as; un Oficial de Mantemento e un Auxiliar de Servizos Xerais. As bases desta segunda convocatoria publicaranse a partir deste mes de xaneiro.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)