Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O Colexio de Economistas da Coruña impón a súa insignia de ouro e brillantes a Gonzalo Ortiz Amor



REDACCIÓN · PUBLICADO O 03 DE XANEIRO DE 2019 · (0)



O pasado 28 de decembro o secretario xeral da Cámara de Comercio da Coruña recibiuna na Xunta Xeral Anual como “agradecemento e recoñecemento ao seu labor a favor do Colexio e da profesión” de mans do decano-presidente, Miguel Vázquez Taín. Ortiz foi no seu día o promotor da creación do propio Colexio e xestionou con outros compañeiros a fundación.


Vázquez Taín lembrou que o homenaxeado “ocupou o posto de decano-presidente do colexio durante 14 anos consecutivos, desde a primeira Xunta ata que cesou a vontade propia ao ser elixido por unanimidade presidente do Consello Xeral de Economistas de España. Ademais, axudou a crear os Colexios de Pontevedra, Lugo e Ourense”.

Durante a súa etapa, consolidouse o Colexio e a profesión, abríronse delegacións en Santiago e Ferrol e adquiriuse un liderado a nivel nacional que aínda mantén o Colexio hoxe en día. Tamén se iniciaron con gran éxito neste período as actividades formativas dos economistas e, en convenio coa Cámara de Comercio, creouse unha Escola de Economía. Púxose en valor os dous grandes Congresos de Economía e de Economistas que organizou Gonzalo Ortiz na Coruña, “congregando a miles de asistentes e un elenco de relatores de primeiro nivel, entre os que destacaban varios Premios Nobel, como Galbraith ou Klein, Stiglitz.”

Gonzalo Ortiz foi tamén profesor universitario, censor xurado de contas, auditor oficial, executivo/asesor e conselleiro de distintas empresas, así como Entidades Financeiras e moi especialmente das Cámaras de Comercio (a de Madrid e A Coruña). “Na organización nacional de Cámaras a súa voz é respectada e escoitada, sendo durante moitos anos membro asesor do Consello Superior de Cámaras de España”, incidiu. Ortiz, que á súa vez é membro do Colexio de Titulares Mercantís agora integrado co de Economistas, prometeu seguir colaborando.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)