Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Autoconsumo fronte ás subas da luz



REDACCIÓN · PUBLICADO O 04 DE XANEIRO DE 2019 · (0)



Catro de cada dez entrevistados nunha enquisa realizada por Sotysolar destacan o aforro económico que representa esta opción enerxética como a súa vantaxe máis importante. Sen embargo, un 14% dos españois non sabe aínda de que se trata.


Durante os últimos anos, as constantes subas do prezo da electricidade encareceron cada vez máis o acceso ao subministro eléctrico e todo apunta a que prosiga así. O autoconsumo fotovoltaico toma impulso en España e imponse pouco a pouco como unha das opciones para aforrar no recibo da luz. Sen embargo, o estudo Situación do Autoconsumo en España” da startup Sotysolar tamén destaca outras vantaxes desta opción enerxética, como o sistema de abastecemento no que os propios recursos son suficientes (24%), as causas medioambientais (21%) ou a independencia fronte ao xogo de precios das compañías eléctricas (11%).

Non obstante, a realidade é que seguen existiendo freos á hora de apostar po unha instalación destas características. O 33% dos entrevistados asegura que a principal traba á hora de cambiarse ao autoconsumo é o grande investimento inicial. Pero non é unicamente a imposibilidade de abordar economicamente a instalación, senón tamén a falta de información sobre estas iniciativas (28%), xunto á problemática do almacenamento (14%) ou os longos trámites e papelames (10%), outros dos aspectos que se suman á lista de obstáculos para poñer en marcha unha instalación de autoconsumo.

“Fálase do caro que son os paneis solares polo elevado investimento inicial, pero a realidade é que o prezo da instalación diminuiu nos últimos anos á vez que aumentou a súa eficiencia. Nos próximos anos, o autoconsumo e a xeración distribuída terán un impacto relevante no PIB estatal. Non queremos unicamente facernos oco no panorama enerxético nacional, senón que SotySolar quere axudar aos usuarios e impulsar a transición enerxética á que faremos fronte nos próximos anos”, apunta Daniel Fernández, cofundador da startup.

Segundo sinalan os autores do estudo, o autoconsumo concede ao cidadán o poder sobre o seu gasto enerxético, sendo un punto de partida cara un cambio de modelo que ademais é sostible. Non sorprende que case o 100% dos entrevistados coincida en que hai que buscar novas formas de abastecemento enerxético baseadas en enerxías renovables.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)