Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Galicia, Canarias e Baleares: as tres comunidades onde máis sube o prezo da vivenda



REDACCIÓN · PUBLICADO O 07 DE XANEIRO DE 2019 · (0)



Sen embargo, a nivel español o prezo desínflase no segundo semestre do ano, segundo os datos do Club Noteges, que avisan de recesión. “A compra de activos inmobiliarios da banca española por fondos de investimento, a enorme débeda pública e a regulación do aluguer vacacional, propiciarán unha freada dos prezos en 2019 con importantes caídas en comunidades que tradicionalmente lideran o mercado".


“A iso súmase”, explica o director xeral do Club Noteges, José Luis Jimeno, que “a guerra comercial iniciada por Trump coa imposición de fortes aranceis aos produtos asiáticos está a propiciar a caída de China e con iso a de Alemaña, que é o principal exportador de Europa a China”. “A desaceleración alemá afectará a dúas das principais industrias do noso país; turismo e construción”, resalta Jimeno quen di que hai que ter tamén en conta a recuperación turística de Marrocos, Tunes, Exipto e Turquía.

Os prezos na media española baixaron desde o +5,75 % do primeiro semestre ata o +0,94 % do segundo trimestre de 2018. A asociación empresarial, composta por 980 axentes inmobiliarios de todo o país, confirma a desaceleración que veñen anunciando os medios para antes de 2020. Por comunidades, durante 2018 e segundo os datos das 6.049 vivendas vendidas por Club Noteges no pasado exercicio, os prezos comportáronse de forma moi distinta en cada comunidade.

Durante o pasado ano quentáronse en sete comunidades subindo os prezos máis do que o fixeron o ano anterior. Galicia (+26,65%), Illas Canarias (+21,45%) e Baleares (+18,32%) foron as tres comunidades onde máis se incrementou o prezo da vivenda. No extremo oposto, Murcia (-9,96%), Cantabria (-9,16%), Estremadura (-1,91%) e Castela León (-1,73%) foron as catro que máis baixaron. Jimeno destaca que, por exemplo, os prezos subiron fortemente en comunidades como Baleares ou Cataluña, “non así en Andalucía que permanecen estancados desde fai sete anos”. Estas diferenzas responden a que os propietarios das vivendas de Sevilla, Cádiz, Llobregat, Madrid ou Palma de Mallorca, len e escoitan as mesmas noticias creándose unha enorme confusión no mercado, fixando o prezo dunha vivenda cunhas expectativas que en nada responden á realidade das súas cidades”.

A Coruña rexistra a maior subida cun +35,77%, seguida de Las Palmas de Gran Canaria cun +35,77%. Tras elas sitúase Pontevedra, cun +22,68% e Guadalaxara cun +20,06%. Baleares, cun +18,32% e Valencia cun +14,83% pechan o ránking das seis provincias que maior incremento rexistraron. Destaca Madrid (+13,15%) e Málaga (+9,16%) onde os prezos tamén subiron pero con menor intensidade.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)