Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O turismo móvese en Galicia



REDACCIÓN · PUBLICADO O 07 DE XANEIRO DE 2019 · (0)



O Clúster de Turismo de Galicia presenta o produto “Galicia Destino Activo” ao XXIV de Turismo Activo Fitur 2019, que se fallará na Feira Internacional de Turismo de Madrid, entre o 23 e o 27 de xaneiro.


A marca impulsada polo clúster galego para promocionar o turismo activo nesta comunidade autónoma preséntase a este concurso, que ten por finalidade potenciar o desenvolvemento e a comercialización da industria turística e proxectar os produtos de maior calidade nesta modalidade de turismo, coincidindo coa presentación oficial dos novos materiais que se estiveron desenvolvendo durante 2018, tanto para a marca en xeral como para os produtos que, neste contexto, están vinculados ao turismo náutico, ao Camiño de Santiago, ao turismo activo ou cultural, entre outras variantes.

O concurso está a representar xa unha grande oportunidade para a creación de impactos no público obxectivo do proxecto por ser difundido a través de redes de comunicación relativas a esta feira por medio da Revista Aire Libre. Ademais, o produto gañador obterá unha gran repercusión en medios dirixidos a axentes de comercialización de todas as partes do mundo.

La votación está aberta ao público en xeral e o prazo para votar remata o día 13 de febreiro. Pódese acceder á convocatoria a través da páxina web da Revista Aire Libre ou ben no seguinte enlace: http://webaire.outsidecomunicacion.com/ index.php/formulario. Os produtos gañadores serán anunciados o próximo 17 de xaneiro.

O Clúster de Turismo de Galicia acudirá á Feira Internacional de Turismo de Madrid-Fitur 2019 como coexpositor da man da Axencia de Tursmo de Galicia. Trátase da primeira feira internacional do ano para o sector turístico galego.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)