Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

10 consellos para facer unha empresa crecer



REDACCIÓN · PUBLICADO O 07 DE XANEIRO DE 2019 · (0)



Se estás a tentalo, hai luz ao final do túnel. É difícil. Pero cal é a alternativa?  “Existen varias formas de escalar unha empresa, pero só 10 estratexias centrais van ter impacto real no resultado final. Algunhas son intensivas pero os beneficios farán que valla a pena”, aseguran dende Zaask.


Dende a plataforma profesional manteñen que “como todo na vida, sexa persoal ou profesional, é importante saber cando sacrificarse para despois recoller os beneficios” e aconsellan non enfocarse nos resultados a curto prazo. “Constrúe valor real e tenta axudar aos teus clientes de maneira xenuína. Despois, é só unha cuestión de entrar en acción e comezar a ampliar o negocio”.

Embudo de vendas

Se non tes un estarás a cometer un erro fundamental. Estes axudan a automatizar o negocio, escalalo e facelo crecer rapidamente.  Certamente require un traballo de  front- end e  back- end para ser desenvolto, pero despois de construílo o camiño será máis sinxelo. Todos deben ser coidadosamente conceptualizados antes de crealos, e cada un é diferente segundo o tipo de negocio en cuestión. Nesta fase, ter un plan de negocios detallado é moito máis importante.

Investiga a competencia

Cando entras nun mercado e pretendes ofrecer un produto en masa, necesitas facer unha procura dos teus competidores directos e indirectos. Desde a planificación do produto ás necesidades de servizo ao cliente, saber que se está facendo “aí fóra” é esencial para trazar a túa folla de ruta. Como o mercado está en constante cambio, saber como sorprender aos clientes e clientas é clave para estar á fronte da túa competencia, e a investigación de mercado é a mellor forma de facelo.  A investigación de mercado pode facerse a partir de varias ferramentas e softwares, tendo en conta o que se pretende analizar. Podes organizar todo en informes ou paneis de control.

Crea un programa de fidelización

De media, custa tres veces máis adquirir novos clientes e clientas que vender a quen xa o son. Construír un programa de fidelización axuda na retención da clientela, pero tamén é importante na adquisición de nova. Se existe un incentivo claro para gastar máis diñeiro na túa empresa, vai compensar a longo prazo. Consello para emprendedores/ as: elabora un programa de fidelización atractivo, accesible á clientela actual, e ve como soben as vendas.

Identifica novas oportunidades

Aprende todo, desde canles de distribución a estratexias da competencia directa, pasando pola análise de mercados estranxeiros e outras industrias potenciais. Existen sempre novas oportunidades que podes perseguir tras realizar debidamente unha análise.

Crea unha lista de correo electrónico

Unha das formas máis efectivas de facer crecer unha empresa é crear unha lista de correos electrónicos. Para iso, ademais de ter que existir un motivo polo cal as persoas subscribirían esa lista, é importante usar un software de CRM ( Customer  Relationship  Management).

Constrúe colaboracións estratéxicas

Asociacións estratéxicas con empresas craves poden marcar a diferenza, xa que permiten acceder a novos públicos rapidamente. Identificar esas colaboracións pode, con todo, ser máis fácil de dicir que de facer. Busca entidades que poidan complementar o que fai a túa para propoñerlles oportunidades de traballar en conxunto.

Utiliza plataformas globais

Sexas un negocio de comercio electrónico ou non, é importante usar outras plataformas que che axuden a completar a túa estrutura, como os servizos de transporte de mercadorías de Amazon ou a contratación de profesionais dos servizos para empresas a través de Zaask.

Diversifica o abanico de oferta

Que produtos, servizos ou informacións podes acrecentar ao teu negocio? Para crecer, necesitas de pensar en termos de expansión. Identifica novas oportunidades dentro do teu nicho de mercado. Que máis podes ofrecer á túa clientela? Onde podes acrecentar valor?

Adquire outras empresas

Algunhas veces, adquirir outros negocios é unha forma rápida de facer que creza o teu propio negocio. Podes atopar empresas competidoras e doutros sectores que complementen o teu negocio, utilizando a súa adquisición para escalar rapidamente. Busca dentro e fóra da túa área para atopar potenciais oportunidades.

Expansión internacional

Podes? Se a túa oferta pode adaptarse a outros mercados, a expansión internacional será unha forma rápida de crecer. Vai supoñer certo investimento, claro. Pero tomando as decisións cunha base analítica e na dirección adecuada, o  potencial dos beneficios é enorme



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)