Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os galegos queren conciliación laboral e persoal para ser felices no traballo



REDACCIÓN · PUBLICADO O 08 DE XANEIRO DE 2019 · (0)



Con 8,46 puntos sobre 10, este é o factor determinante que estes traballadores consideran para acadar a ledicia no traballo, superando por primeira vez ao bo ambiente laboral, que ocupou a primeira posición nas sete primeira edicións da da enquisa de Adecco “A felicidade no traballo”.


A nosa sociedade atópase inmersa na chamada IV Revolución Industrial, nunha contorna na que home e máquina conviven e na que se xerou un gran debate sobre se os robots substituirán ás persoas no plano laboral e se a intelixencia artificial destruirá emprego ou axudará a crear novos postos de traballo. En cambio, en medio desta polémica, as políticas das empresas e máis concretamente dos departamentos de recursos humanos, están centradas en atraer e captar o mellor talento posible cara elas, conseguindo un grao de compromiso nas persoas que as forman que vaia máis alá dun contrato de traballo. As empresas non perden de vista o valor das persoas e os equipos humanos e seguen apostando por eles. Unha pobra disto é que a felicidade dos traballadores, o chamado salario emocional, está adquirindo unha importancia vital á hora de captar e fidelizar o talento, e é a pedra angular de calqueira política de recursos humanos hoxe en día, especialmente nas grandes empresas.

Por primeira vez na enquisa de Adecco, os galegos sinalan como o maís importante para ser feliz no seu traballo ter un horario que permita conciliar vida persoal e profesional, factor que valoran con 8,46 puntos sobre 10. En segundo lugar queda o que fora máis importante nas últimas edicións: un bo ambiente laboral, que con 8,40 puntos queda por diante do de ter un bo xefe (8,23 puntos).

Segundo este estudo, o 71,9% dos galegos asegura ser feliz no seu traballo, unha porcentaxe que aumenta en 0,8 puntos porcentuais con respecto ao dato de hai un ano e que está 4,2 puntos por debaixo do índice medio español, onde o 76,1% declara ser feliz. Ademais, é o segundo menor rexistro dende que se fai esta enquisa, só superando ao do ano pasado, que foi o momento máis baixo.

Preguntados pola persoa da que cren que depende a felicidade laboral, o 18,4% dos traballadores galegos responde que esta está relacionada coa motivación que sepan transmitir os xefes aos seus empregados, pero outro 16,7% pensa que depende directamente da empresa como organización, pois é esta a que debe velar polos seus traballadores. En cambio, un 7% cre que a felicidade reside unicamente na actitude que teña o traballador.

Un bo líder

A principal condición que os traballadores galegos consideran que un líder debe ter para contribuír á felicidade dos seus empregados é a de saber escoitar aos seus equipos e ter en conta as súas opinións. Así o pensa o 26,3% destes profesionais, mentres que un 23,7% afirma que debe ter empatía e saber poñerse no seu lugar, e un 19,3% ve que a súa condición de lider está no xeito de organizar os seus equipos e de xestionar as súas tarefas e conflitos.

Cando se lles pregunta en que medida influirá á hora de optar a un posto de traballo ou outro que unha empresa inclúa políticas de felicidade profesional entre o seu paquete de beneficios, nove de cada dez galegos afirman telo en conta, e dentro deles un 43,9% asegura que ademais é un aspecto fundamental para tomar a súa decisión.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)