Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os españois incrementan o seu gasto en brebaixas ata os 186 euros



REDACCIÓN · PUBLICADO O 08 DE XANEIRO DE 2019 · (0)



Unha enquisa realizada pola app e web Ofertia.com desvela que o 76% dos consumidores deste país ten previsto adquirir algún artigo neste período, a pesar de que un 55% recoñece ter dificultades para superar a "costa de xaneiro".<


Concluído o Nadal chegan as rebaixas e a coñecida “costa de xaneiro”. Por ese motivo moitos consumidores aproveitarán estas datas para adquirir determinados artigos con importantes descontos. Un estudo realizado por Ofertia desvela que a media de investimento na compra de artigos rebaixados este ano supera nun 10% as cifras de anos anteriores. De feito, un 75% dos españois deixou compras pendentes para despois do Nadal a fin de aproveitar os descontos e aforrar. É importante ter en conta tamén que durante os períodos de rebaixas son moi comúns as compras por impulso. Por iso, a espectativa de consumo adoita superarse na maioría de casos.

En canto aos produtos máis demandados nestas datas, o 82% ten previsto adquirir roupa e complementos, seguido de artigos de electrónica cun 19%, ou mobles e fogar cun 17%. Así, os sectores aos que os españois adican menos presuposto durante as rebaixas de inverno é o dos electrodomésticos e viaxes. Preguntados polo período de rebaixas no que máis invisten, un 66% dos españois concentra os seus gastos nas de inverno, un 22% nas de verán e un 11% ao Black Friday.

O informe revela que as rexións onde se prevé ter un maior consumo son Madrid, Valencia e Andalucía con 216,92, 180,17 e 177,98 euros, respectivamente, segundo os datos da citada enquisa. Pola súa banda, Castela-A Mancha convértese na comunidade autónoma con menor gasto, quedándose nos 134,62 euros.

Costa de xaneiro”

Paralelamente ás rebaixas, o 55% dos entrevistados admite que sofre a temida “costa de xaneiro”, un 2% máis que o ano pasado. Por este motivo, para chegar a fin de mes e aforrar o máximo posible, case un 60% dos españois decide saír menos, estar máis en casa e recurtar gastos en ocio e actividades. O outro sector que sufrirá recortes por parte dos usuarios é o da alimentación, pois un 40% dos entrevistados asegura que vixiará as súas listas da compra. Ademais, un 21% pensa adoptar hábitos saudables como deixar de fumar ou utilizar máis o transporte público como métodos de aforro. Como dato positivo, cómpre destacar que pese a que a “costa de xaneiro” afecta a máis da metade dos españois, unicamente un 20% dos entrevistados asegura que recorrerán a métodos de financiamento de pagamento como préstamos, adiantos ou microcréditos para superar este período.

Por outra banda, a enquisa destaca que o 60% dos usuarios (un 5% máis que o ano anterior) se informará das ofertas e descontos a través de plataformas online e de appsbiles, pero o 29% dos consumidores seguirá revisando os catálogos de papel para atopar promocións.

Outros datos de consumo

Coa chegada do Black Friday, o Nadal e as rebaixas de inverno e verán, non sempre é doado axustar os presupostos e decidir en que período investir máis ou menos diñeiro. Sen embargo, o 66% dos españoles ten claro que as rebaixas de inverno son o fito de consumo favorito para investir fronte ás de verán e o Black Friday. Aínda así, unicamente un 10% dos entrevistados gastará máis de 400 euros nas súas compras. En canto ao método de consumo, un 81% dos españois asegura que realizará as súas compras en centros comerciais, e só un 25% farao a través de Internet.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)