Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Inveravante faise co 100% de Avantespacia



REDACCIÓN · PUBLICADO O 08 DE XANEIRO DE 2019 · (0)



Tras dous anos de andaina conxunta, a corporación coruñesa mercoulle a BBVA a totalidade da participación que esta última mantiña nesta sociedade, constituída por ambas en 2016. Agora mesmo ten proxectados en Galicia Residencial Praia de Osmo, na Costa da Morte; e pisos na zona dos Novos Ministerios da Coruña.


INVERAVANTE convértese no único socio e afianza a súa aposta polo sector inmobiliario residencial en España co desenvolvementos de vivendas en zonas Premium das principais capitais de provincia do noso país, nomeadamante Madrid, Canarias e a zona da Costa do Sol. Malia que tamén operan en Marrocos e México.

Esta operación, segundo explica a empresa, “enmárcase nun proceso de reordenación  societaria da división inmobiliaria de Inveravante, co obxectivo de trazar unha estratexia global, adecuada aos retos que expón o sector para o futuro tanto a nivel nacional como internacional”. Lembramos que esta corporación fundada en 2007 inviste no sector Inmobiliario, Hoteis, Produtos Agroalimentarios Selectos e Enerxía. Presentes en España, Marrocos, México, Brasil, Panamá, República Dominicana, Canadá, Alemaña e Romanía, xera máis de 800 postos de traballo directos.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)