Publicidade

istoelecer


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Compostela Monumental cifra en máis de sete millóns de euros as perdas polo peche dos voos directos a Múnich



REDACCIÓN · PUBLICADO O 09 DE XANEIRO DE 2019 · (0)



Os comerciantes do casco histórico santiagués lamentan que coa perda desta conexión se perderán uns 17.500 visitantes máis, que sumados aos 40.000 dos recortes levados a cabo en novembro, supoñen preto de 60.000 viaxeiros menos respecto ao ano pasado.


Compostela Monumental, a asociación de comerciantes, empresarios e profesionais do casco histórico de Santiago de Compostela, lamenta publicamente que se peche a conexión directa entre os aeroportos de Lavacolla e Múnich, o que suporá “un gran varapalo á economía da cidade” e, en consecuencia, ao seu comercio, xa que se perderán 60.000 posibles visitantes, máis de 7.200.000 euros de ingresos, e mermará os servizos de transporte aéreo para os propios santiagueses.

Segundo expón o xerente da patronal do casco histórico compostelán, José Ángel Blanco na imaxe, non pode entenderse esta estratexia conservadora e regresiva” que supoa perda de 260 voos ata abril, o que se traduce á súa vez nuns 60.000 visitantes menos eis de 7.200.000 euros que se deixarán de ingresar en Santiago. “Unha e outra vez trátasenos de vender que hai que apostar pola desestacionalización do turismo na cidade, pero os feitos están aí e non se fai absolutamente nada para iso. Éis, parece todo o contrario, que non se quere que veñan turistas. Esta noticia é dunha gravedade e irresponsabilidade total”, denuncia.

Así mesmo, os datos coñecidos a través dos distintos medios de comunicación da cidade indican a Compostela Monumental que se perderán ademais 176 servizos co aeroporto de Barcelona ao longo das 22 semanas da campaña invernal, aos que hai que sumar a perda semanal de voos a Múnich, Londres e Milán. Neste sentido, a asociación insta ao Concello de Santiago a tomar medidas ao respecto, xa que “o sector comercial da cidade está atravesando por un delicado momento”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)