Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O 4 de febreiro finaliza o prazo para pedir unha das prezadas becas da Barrié para facer un Máster



REDACCIÓN · PUBLICADO O 09 DE XANEIRO DE 2019 · (0)



Na 30ª Convocatoria de Bolsas de Posgrao no Estranxeiro 2019 hai 10 bolsas para estudos en centros de todo o mundo. Un máximo de 50.000 euros anuais para: matrícula no centro de destino, dotación inicial única de 1.000 euros en viaxe e instalación, e 1.600 euros ao mes para aloxamento e manutención.


Só poden optar a elas candidatos nados en Galicia, cun proxenitor galego ou que leven empadroados en calquer concello como mínimo 2 anos. Pode pedila quen estea no último ano no curso 2018-19, aínda que a concesión quedará condicionada á obtención do título en xullo de 2019. E en canto aos procesos de preselección e selección réxense, segundo a Fundación, "exclusivamente por criterios de excelencia académica e non se asignan cotas que teñan en consideración elementos doutro tipo”.

O número total de mensualidades coincidirá sempre coa duración do curso académico. Como en edicións anteriores, o Programa persegue, segundo a fundación galega creada en 1966: facilitar o acceso ao mellor coñecemento, proporcionar experiencias vitais nunha contorna internacional e desenvolver vínculos académicos, sociais, profesionais e culturais de titulados universitarios vinculados a Galicia.

Nesta edición ofrécense 10 bolsas para a realización de Máster durante o curso académico 2019-2020, en institucións estranxeiras de referencia internacional. As bases completas e formularios de solicitude están dispoñibles en www.fundacionbarrie.org. Trátase dunha das contribucións máis notables da Fundación, cun investimento acumulado de máis de 41 millóns de euros da cal se beneficiaron 680 bolseiros desde a creación do Programa, que foi en 1990.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)