Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A inxente montaña móbil



PUBLICADO O 09 DE XANEIRO DE 2019 · (0)



O pasado ano, o número de liñas móbiles superou, por primeira vez, á poboación mundial, cun 103%. Un dos problemas desta tremenda cantidade renovándose a cotío son os compoñentes cos que están feitos, bastante contaminantes –ata 40 materiais tóxicos – polo que poden botarse ao lixo. E a xente non sabe qué facer ou non ten opcións dependendo de onde viva.


Unha alternativa é pensar antes de comprar e saber qué fabricantes son o máis eco-friendly. Greenpeace sinala a Apple e Fairphone como as dúas mellores compañías verdes nun informe de 2017. E tamén está optar polos móbiles de segunda man preparados para volver ter un novo uso.

Para que nos fagamos unha idea, un smarthphone chega a producir ata 95 quilos de CO2 ao longo da súa vida útil, segundo a Facultade de Enxeñería da Universidade de Surrey, sendo capaz de contaminar uns 600.000 litros de auga que, segundo datos do Instituto Español de Estatística, é o consumo doméstico de todos os fogares españois a diario. Reducir residuos é posible se seguimos os principios da economía circular, Desde Forall Phones, marca dedicada á venda de iPhones reacondicionados, achégannos algúns consellos para facer posiblea proposta. É por iso que o mellor que podemos facer é reflexionar sobre como compramos e como nos desfacemos dos nosos  smarthphones.

Durante o uso que lle deamos tratémolo o mellor posible

Coidar características como o brillo, despexar a memoria de almacenamento, pechar aplicacións que dean erro ou que provoquen un mal funcionamento, non sometelo a temperaturas extremas, evitar a descarga completa da batería son algunhas das accións útiles para que o seu funcionamento sexa óptimo durante máis tempo. Tamén hai aplicacións que axudan a medir as emisións de CO2 que emitimos ou que reducen o consumo da batería do noso terminal.

Entre as opcións de reciclaxe, está deixalo nunha zona de punto de limpo, habilitada en moitas cidades, depositalo en tendas de reparación ou de segunda man e doalo a organizacións non gobernamentais. Outra boa opción é vendelo, porque cada vez hai menos tempo de separación entre lanzamentos de diferentes modelos móbiles, o que aumenta o seu consumo. Pero un móbil que non queiramos utilizar pode ter unha segunda oportunidade. “O consumo cada vez máis alto e continuado de móbiles condénanos a ter que actualizarnos cada pouco tempo, a nivel persoal, na nosa capacidade de manexo das novas tecnoloxías e, en xeral, na fabricación de novos dispositivos que provocan un gran impacto ambiental”, sinala José Costa Rodrigues, CEO e fundador de Forall Phones. “O noso compromiso é firme en canto a posibilitar unha tecnoloxía reacondicionada”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)