Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Pola conciliación laboral das profesionais



REDACCIÓN · PUBLICADO O 10 DE XANEIRO DE 2019 · (0)



Executivas de Galicia e a Consellería de Política Social crean unha liña de colaboración nesta materia, tanto no que afecta ás mulleres con nenos ou con maiores como no que atinxe á profesionalización dos coidadores ou a falta de axudas para as autónomas.


A presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes Uschinsky, e a conselleira de Política Social, Fabiola García Martínez, acompañadas de asociadas de diferentes sectores, reuníronse onte co obxectivo de crear esa liña de colaboración e achegar propostas para a mellora da conciliación laboral das profesionais, así como presentar os proxectos que ten en marcha esta agrupación de empresarias e profesionais na comunidade autónoma.

Reyes Uschinsky explicou que un dos grandes proxectos que xa están en marcha é Referentes Galegas”, un directorio de profesionais que destacan en Galicia, que xa conta con 185 mulleres expertas e que se pode consultar na web da asociación (executivas.org). Ademais, destacou a necesidade de visualizar a existencia do alto número de mulleres especialistas e profesionais en todos os sectores para achegar máis voces femininas. “Na actualidade, os mozos carecen de referentes femininos no sector profesional e este directorio será unha ferramenta que permita desterrar o tópico de que non existen mulleres líderes en diferentes ámbitos sociais e empresariais”, sinalou. Así mesmo, adiantou que, nunha segunda fase, o programa “Referentes Galegas” se achegará aos colexios e institutos para que os máis novos vaian coñecendo de primeira man a esas profesionais que destacan en sectores tan diversos.

Pola súa banda, a conselleira de Política Social felicitou á asociación polo seu traballo e abriu as portas a unha colaboración directa con Executivas, co fin de achegar unha visión real das necesidades sociais que detectan tanto a nivel social como empresarial. Ao longo do encontro tamén se manifestou a preocupación pola situación da conciliación real das mulleres, tanto con nenos como con maiores, a profesionalización das persoas coidadoras, a situación das persoas dependentes ou a falta de axudas para mulleres autónomas.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)