Publicidade

istoelecer


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

España producirá o 75% do aceite de oliva da Unión Europea



REDACCIÓN · PUBLICADO O 10 DE XANEIRO DE 2019 · (0)



Tras a publicación das últimas estimacións de Bruxelas confírmanse as previsións nacionais: roldarán as 1.600.000 toneladas, máis da metade a nivel mundial. Mentres, o sector galego está a moverse, e a Asociación de Produtores de Aceite e Oliva de Galicia (APAG) traballa por conseguir unha Indicación Xeográfica Protexida ou unha Denominación de Orixe.


Investigadores e produtores lembran que o aceite de oliva virxe extra que se produce en Galicia, coas variedades autóctonas que temos -brava, mansa e outras por nomear- teñen enorme potencial nos mercados pola súa singularidade e alta calidade.

A pesar do atraso no inicio da recolección e dos baixos rendementos dos primeiros meses de campaña, a evolución está a ser óptima, cunhas expectativas de produción durante decembro que poderían marcar unha cifra moi importante para este mes. A Comisión Europea confirma o acusado descenso que sufrirán as producións dos principais países produtores destacando o caso de Italia que rebaixa as súas expectativas ata as 205.000 toneladas, o que representa unha caída de máis do 50%. Grecia reducirá un 35% a súa produción situándose na contorna das 225.000 toneladas, mentres que Portugal farao en practicamente un 20% alcanzando as 110.000 toneladas.

Polo que respecta ás estimacións de produción nos principais países fóra da Unión Europea, o Comité Oleícola Internacional, publicaba o pasado mes de novembro que Tunes prevé reducir a súa colleita ata as 120.000 toneladas, un 57% menos que a pasada campaña, mentres que Turquía caería ata as 180.000 toneladas. Tan só Marrocos podería rexistrar unha cifra superior á da campaña anterior que se situou en 140.000 t.

Ante un panorama internacional como o exposto, é previsible que as saídas de aceite ao mercado compórtense dunha forma áxil ante a necesidade dos compradores internacionais de acudir a España para abastecerse e desa forma cubrir o seu déficit de producción. No camiño de Indicación Xeográfica Protexida ou unha Denominación de Orixe galega para chegar a ese xugoso mercado coa mellor garantía e rpesentación, aínda quedan contar cun rexistro das oliveiras existentes na comunidade. Pero na Misión Biolóxica de Galicia (MBG), dependente do CSIC en Galicia, que traballa na identificación do ADN das diferentes variedades autóctonas galegasn matizan: é máis importante e urxente que facer un censo de oliveiras describir as variedades existentes e saber cales delas son únicas. Esas que nos fan diferentes para optar a un mercado Premium.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)