Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Unha “ovella xigante” de maís de media tonelada de residuos chega á depuradora de Bens



REDACCIÓN · PUBLICADO O 10 DE XANEIRO DE 2019 · (0)



As xigantescas bólas de fibras e outros elementos desbotados de forma incorrecta como a que chegou ata a estación coruñesa provocan graves problemas na rede sanitaria, polo que dende Edar Bens lembran as normas básicas de utilización da rede sanitaria.


Unha xigantesca bóla formada por toalliñas, compresas, tampóns, preservativos, aceite e outros residuos chegou ata a depuradora de Bens, de onde tivo que ser extraída para que non colapsase o funcionamento dunha instalación que dá servizo a máis de 400.000 veciños da Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros.

Esta enorme “ovella”, que é a forma na que se coñecen estes grupos de residuos indebidamente desbotados polos cidadáns, pesaba máis de media tonelada e tiña unha lonxitude de máis de catro metros. Estes “monstros dos sumidoiros” son cada vez máis frecuentes nas cidades dos países desenvolvidos debido a un uso incorrecto da rede sanitaria dos cidadáns.

Dende Edar Bens SA, a través de visitas á planta e de actividades didácticas nas escolas dos cinco municipios aos que damos servizo, levamos moito tempo advertindo das nefastas consecuencias de arroxar polo retrete restos de comida, aceite e, sobre todo toalliñas desbotables e outros produtos como compresas, tampóns, preservativos, bastonciños dos oídos e obxectos similares”, recorda o director xeral de Edar Bens SA, Carlos Lamora.

Custos adicionais

A ovella chegou ata ás nosas instalacións, pero co tempo seco que estamos a ter nestes días, non sería estraño que quedase atrapado nalgún lugar da rede de sumidoiros e provocase un colapso da rede de saneamento, algo que xa ocorreu o ano pasado en Oleiros e en Matogrande”, sinala Lamora. “Extraer estes monstros das cloacas causadas polo comportamento irresponsable dunha parte da poboación provoca un mal funcionamento dos servizos públicos e uns custos adicionais que pagamos todos”, engade.

Precisamente esta semana, outra destas bólas foi situada nos sumidoiros da cidade británica de Devon: tiña 64 metros de lonxitude e as autoridades estiman que tardarán oito días en eliminala completamente. Dende Edar Bens SA lembran as normas básicas de utilización da rede sanitaria para evitar estas perigosas situacións, que pasan por un uso correcto dos retretes, lavabos e pías da cociña e por manter as rúas limpas.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)