Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Cinco profesións que desaparecerán ou se reinventarán en 2019



REDACCIÓN · PUBLICADO O 11 DE XANEIRO DE 2019 · (0)



Community managers, tradutores, caixeiros, persoal de limpeza ou de call centers son algunhas das profesións que tenderán a desaparecer ou reinventarse durante este ano, segundo un estudo realizado por IMF Business School.


O desenvolvemento e normalización do uso de robots, combinados co uso do Internet das cousas ou a aprendizaxe automática son os principais motivos da desaparición dalgunhas profesións e a creación doutras novas. De feito, o 47% do emprego total atópase en alto risco de ser automatizado, como sinala o informe realizado pola Universidade de Oxford “O futuro do emprego”.

Aínda que para 2020 se estima que uns sete millóns de empregos desaparecerán debido á transformación dixital, segundo cifras da investigación do Foro Económico Mundial, o cambio comezará a notarse este ano. Por este motivo, IMF Business School analizou cales son as cinco profesións que tenderán a desaparecer ou reinventarse durante 2019:

Community Manager. O uso de redes sociais é cada vez máis común, polo que é raro atopar persoas que non fagan uso de ao menos unha delas. Por ese motivo, nos próximos anos a demanda destes perfís basearase xa non tanto naqueles que conten cun coñecemento básico (nivel usuario), senón en expertos máis especializados e cun nivel maior de coñecemento do sector.

Tradutores. Esta profesión vese ameazada debido á proliferación cada vez maior de aplicacións que actúan como tradutores automáticos. En calquera lugar, a calquera hora e de forma gratuíta na maioría dos casos. Como captar o humor e a tradución instantánea son os grandes retos destas apps que moitos confían en que serán resoltos durante 2019.

Caixeiros de banco ou supermercados. Dende hai uns anos é habitual atopar caixeiros de banco automático cuxa función vai máis alá da retirada en efectivo de diñeiro e nos permiten facer xestións como o pago de recibos ou ingresos. Ademais, as tarefas do persoal de banco están cada vez máis limitadas polo desenvolvemento de apps nas que se poden levar a cabo case calquera xestión de maneira moito máis cómoda e sen necesidade de acudir a unha sucursal bancaria. O mesmo sucede cos caixeiros de supermercado. Cada vez é máis común atopar sistemas de autoservizo de pago co fin de librarnos de longas colas. Ademais, moitas entidades comezaron a poñer en marcha asistentes dixitais dispoñibles 24/7 a través do chat na súa app.

Persoal de limpeza. Nos últimos anos, o desenvolvemento de robots cuxa función é simplificar as tarefas de limpeza foi en aumento, polo que se espera que sexan eles os que se encarguen dos labores de limpeza a partir de agora. Non é raro atopar en calquera fogar pequenos robots que se encargan de deixar o solo relucente. Hai que destacar que o mercado de robots de servizos persoais e domésticos medrou un 20% no último ano.

Call center. A atención ao cliente é un dos aspectos que máis cambiará. O persoal de call center será remprazado por chatbots, programas que evolucionaron de maneira notoria amosando unha linguaxe case humana. Ademais, en pouco tempo os robots encargados de solucionar os nosos problemas serán quen de captar o noso estado de ánimo e darnos un trato personalizado.

Creación de emprego

Pero como en todo, os cambios teñen dúas caras. A transformación dixital non só acabará con moitos postos de traballo, senón que tamén os creará. Hai estudos que falan de que en España na próxima década se crearán máis de tres millóns de empregos relacionados co mundo dixital, especialmente nos relacionaos coa robótica, drons, ciberseguridade, big data e intelixencia artificial.

Para Carlos Martínez, presidente de IMF Business School, non hai duda da gran velocidade á que está cambiando o mercado laboral. “Profesións que hai tan só uns anos eran estables, hoxe desapareceron. A idea dunha profesión asegurada para toda a vida é cada vez máis improbable e, ante esta situación, a mellor defensa é a formación continua e a actualización constante. Nestes momentos, non podemos quedarnos atrás. Por iso, dende a escola promovemos programas moi en liña coa situación e demanda do mercado actual”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)