Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

As franquías do ensino



REDACCIÓN · PUBLICADO O 11 DE XANEIRO DE 2019 · (0)



Hoxe é máis habitual atoparse con marcas que se especializan nun método propio, ademais daquelas que se centran nunha temática. Trátase de diferenciarse e de axudar a sacar asignaturas do mellor xeito posible.


Mostra diso son franquías como My English House, baseada en ensinar facendo, ou o que eles denominan “ Learning by Doing”;  Logiscool, que focaliza o método na programación, para crear os propios videoxogos; ou Cook & Play, que ofrece unha iniciativa que promove hábitos saudables mediante a cociña.

2018 foi un ano positivo para todo sistema de franquías. O aumento constante das de de restauración, alimentación e supermercados, deixou oco a un sector que non está do todo explotado e no que cada vez atopamos maior diferenciación entre as insignias.  “Abrir unha franquía de ensino especializado é unha aposta segura. As actividades extraescolares seguen á orde do día, os pais continúan confiando en levar aos seus fillos a academias de inglés, de xadrez ou mesmo de programación. A diferenza é naquelas empresas que ensinan con dinamismo, saíndo do ensino tradicional e creando un método propio”, afirma José Aragonés, Socio Director de  T4 Franquicias.

As de ensino incrementaron o número respecto ao pasado ano, chegando a 2.401 en toda España cunha facturación total de 383.898.000 de euros, sen descoidar o incremento de emprego onde suman 6.018 persias traballando, segundo datos da AEF. “O sector creceu paulatinamente, crece de forma lenta pero constante. O emprendedor adoita decantarse máis cara a franquías de restauración ou alimentación, descoidando este sector", finaliza Miguel Ángel Oroquieta, Socio Director da firma española.




Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)