Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A oficina sen papel que nunca chegou



REDACCIÓN · PUBLICADO O 11 DE XANEIRO DE 2019 · (0)



Aínda que lévase moitos agoirando o seu fin -e malia que é certo que deixamos de consumir papel de xeito innecesario, reciclamos, e vivimos un proceso imparable de dixitalización-, o uso de todo tipo de material de papelería, de oficina e escolar, non deixa de medrar.


O último informe de Global Stationery Market 2018 da consultora Market Desk mostra unha previsión de crecemento sostido do mercado mundial ata 2023. América do Norte e do Sur continuarán sendo países con alto crecemento; mentres que en Europa, aínda que máis moderada, manterase tamén a tendencia. O sector, iso, sí, vive un proceso de concentración empresarial.

Por suposto o maior incremento de transferencia de información prodúcese no ámbito dixital, pero iso comporta aumentos no uso de e material de oficina e  papelería que teñen como consecuencia o incremento do mercado. O medre do material escolar tamén é unha realidade. Tablets e móbiles conviven co material tradicional para traballar a creatividade e as manualidades -tamén na casa coa familia- xunto a un incremento da capacidade adquisitiva na maioría das familias.

O sector, con todo, sofre outra transformación que está a pasar desapercibida: o proceso de concentración en canto a provedores, de pequenos comercios de barrio pásase a unha cada vez máis relevante papel do ecommerce e das franquías. O ecommerce é valorado pola comodidade en pequenas empresas onde o tempo é un recurso moi limitado, e tamén chegou o boom das franquías como Hiperoffice, a que ten maior previsión de crecemento en España nos próximos anos (hai unha na Coruña), onde espera alcanzar os 50 establecementos. Carlin, con moitos locais en Galicia, e Alfil.be (só vende online) son outras tamén coñecidas. Con todo, non todas se dedican exclusivamente á papelería, tamén as hai que venden consumibles para impresoras, servizos de mensaxería e mesmo deseño de páxinas webs ou libros.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)