Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O tirón do Camiño



REDACCIÓN · PUBLICADO O 30 DE XANEIRO DE 2019 · (0)



Empresas e institucións de catro continentes participan na terceira edición de Fairway, a máis internacional das celebradas ata agora deixando patente o interese que a peregrinación xacobea esperta. Están previstas máis de 1.400 reunións de traballo entre o 10 e o 12 de febreiro.


O foro do Camiño, o III Fairway, será no compostelán Pazo de Congresos e  Exposicións. "A feira" -subliña Ana García unha das organizadoras- “medrará un 20% con respecto á pasada edición”.  Os expositores serán máis dun cento. Haberá por primeira vez empresas de Sudáfrica, Australia, Francia, Bélxica e México; que se suman ás de Reino Unido, Canadá, Brasil, Italia ou Portugal, que repiten.

“Queremos destacar que entre eles contaremos con máis de cincuenta concellos galegos e seis comunidades autónomas”, ademais da moi importante aposta de Portugal, con trece cámaras municipais presentes e a participación de rutas de peregrinación estranxeiras como a xaponesa de Kumano Kodo (a través da prefectura de  Wakayama,  irmandada con Galicia) ou a italiana de San Francisco de Asís.

Empresas de Sudáfrica e Australia

Os workshop facilitan os encontros de traballo entre Hosted Buyers e profesionais, empresas e organismos públicos vinculado a calquera dos Camiños. Os Hosted “son operadores turísticos, axencias de viaxes emisoras, centrais de reservas e axencias online convidados pola organización. Veñen a coñecer outras empresas e recursos e crean vínculos profesionais e oportunidades de negocio”. En total, citaranse en Fairway 35. Os seus interlocutores serán máis de 120 organismos, tanto públicos como privados: establecementos dedicados á hostalería; axencias de viaxes; servizos de guías e excursións, transporte de persoas e mochilas e aluguer de bicicletas; adegas;  desenvolvedores de aplicacións móbiles; organismos públicos e destinos representados por gobernos, mancomunidades, xeodestinos e concellos.

Viaxes de familiarización

Moitos dos operadores turísticos tamén participarán en tres viaxes de familiarización para a prensa que organizou  Fairway para visibilizar rutas menos concorridas: Camiño Portugués pola Costa, o Camiño do Norte e o Camiño Fisterra-Muxía. “Estas viaxes de prensa tamén gañan moitísimo peso con respecto a pasadas edicións. Participará o que quizais é o medio de turismo máis importante de África, ‘Traveller 24’, de Sudáfrica, e medios de Brasil, como  Super Radio. Tamén virán xornalistas de ‘National  Geographic’ España, ‘Marie  Claire’, a revista ‘Viajar’ ou ‘La Razón’.

Fairway Invest

O marco de negocios verase reforzado nesta edición por un foro de investimento en colaboración con Keiretsu Forum, a maior rede de investidores privada do mundo, “comprende un programa de formación con títulos tan suxestivos como ‘Canto vale unha empresa se factura pouco… ou nada?  e mesas de financiamento con entidades como  Enisa ou  Xesgalicia”. O director de  Mr. Turismo subliña o concurso de ideas ao que se presentaron case unha vintena de proxectos “vinculados directamente ao Camiño ou cunha relación máis tanxencial, pero que levan a cabo empresas situadas nalgún dos puntos polos que discorre”. Desvelou que a súa actividade abarca desde a explotación de patinetes eléctricos nas rutas de peregrinaxe ata o coidado de persoas ou a reciclaxe de roupa.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)