Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Escollidas as catro 'startups' da aceleradora Abanca Innova



REDACCIÓN · PUBLICADO O 30 DE XANEIRO DE 2019 · (0)



Nun Demo Day interno -un foro privado ante os directivos da entidade financeira- os seis proxectos seleccionados na fase sementa mostraron a súa proposta, pero finalmente só catro pasan á segunda fase do programa, a fase brota. O 7 de febreiro, terán a oportunidade de realizar a primeira proba ante investidores.


Será no Demo Day da LaconNetwork, un foro de investimento privado que ccontará coa presenza dalgúns dos emprendedores, VC e business angels máis importantes do país. As startups poderán captar financiamento e ABANCA explorar vías de colaboración para seguir potenciando o crecemento dos proxectos.

As catro startups participantes nesta segunda fase reciben ata 15.000 euros en forma de préstamo participativo de Abanca e, ademais, poderán optar a recibir ata outros 45.000 ao finalizar a fase brota. Do mesmo xeito, poderán seguir beneficiándose das axudas das empresas colaboradoras da aceleradora, terán acceso á rede de networking de HubIN, recibirán novas píldoras de formación en distintas áreas, dispoñerán dun espazo de traballo gratuíto nas instalacións de Abanca Innova e recibirán asesoramento de forma semanal en materia de xestión

As empresas e proxectos son:

  • Lendmarket: marketplace privado de compra e venda de investimentos en préstamos a pemes orixinados por fondos de direct lending.
  • Sharenjoy: plataforma de venda de microseguros que protexen aos asistentes de eventos de entretemento e solucións de protección da identidade dixital.
  • Dooing IT: plataforma de recomendación de investimento en ciberseguridade e comercialización de seguros de ciberrisco.
  • Converfit: ferramenta que segmenta a todo o público que chega a unha páxina web a través da intelixencia artificial e o machine learning.

Esta primeira fase do programa tivo unha duración de 3 meses e estivo enfocada no deseño e a validación do modelo de negocio a través dun plan formativo orientado á comprobación das hipóteses expostas polo equipo mediante MVP (produtos mínimos viables). Entre os relatores da fase seed atópanse directivos de Abanca como José Manuel Valiño, director xeral de IT, Información, Procesos e Operacións; e Eduardo Aldao, director de Innovación.

E esta fase brota do programa de aceleración, iniciada o pasado 7 de xaneiro, estará centrada na experimentación no mercado para validar a tracción do modelo de negocio. Durante o próximos tres meses explorarán as posibilidades de realizar unha proba de concepto adaptada á proposta de valor de cada proxecto.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)