Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O aparcadoiro robotizado de Zona Franca deixará de selo



REDACCIÓN · PUBLICADO O 31 DE XANEIRO DE 2019 · (0)



Dados os altos gastos de mantemento que estaba a orixinar, o delegado de Zona Franca de Vigo, David Regades, confirmaba onte que farase unha reforma interior no aparcadoiro aberto en 1999. Desmontaranse os sistemas automáticos para transformalo nun de xestión convencional. E no futuro poderíase conectar co da praza da Estrela.


Esta conexión tería cun novo sector de 11.000 m2 que transcorrerá baixo Montero Ríos o que propiciará que Vigo dispoña de 500 novas prazas que liberarán de vehículos o centro urbano. Durante o tempo das obras, e para non prexudicar ás 154 persoas que agora aparcan como abonados no subterráneo de A Laxe, Zona Franca daralles a opción de trasladar os coches precisamente á praza da Estrela.

Con 7.464,08 metros cadrados distribuídos en dúas plantas, a reforma aproveitará os dous niveis para aparcadoiro de vehículos cos seus correspondentes corredores de circulación e ramplas de comunicación entre sotos. As prazas dispoñeranse en batería a 90º, ás que se accederán por corredores centrais para propiciar un funcionamento da circulación sinxelo e seguro. Malia que capacidade inicial de prazas no robotizado foi de 400 vehículos, o certo é que estas se tiveron que ir reducindo ata as 200 actualmente operativas, unha vez que se realicen as obras de transformación, a capacidade resultante será de 184 prazas distribuídas en 81 prazas no soto menos un, e outras 103 no soto menos dous. O orzamento será de 1.200.000€.

Os vogais tamén acordaron facultar ao delegado para que saque a concurso a xestión integral do centro comercial A Laxe e o aparcadoiro coa finalidade de que unha firma privada poida levar adiante un negocio que é bastante alleo ao obxecto dunha institución pública. Os motivos son as complicacións que supón tanto o réxime de contratación ao que está suxeito Aparcadoiros Subterráneos de Vigo –que é a sociedade 100% propiedade de Zona Franca a través da cal se administra-, como os principios aplicables á Sociedade Mercantil Estatal en relación coa Lei de Patrimonio, así como a natureza do negocio de explotación dun centro comercial. Esta decisión supón deixar sen efecto o actual contrato de arrendamento de Industria do Centro Comercial entre o Consorcio da Zona Franca de Vigo e Aparcadoiros Subterráneos de Vigo para, posteriormente, proceder á licitación dun novo contrato.

E respecto da Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves, o órgano executivo de Zona Franca aceptou onte encargo da redacción do proxecto de parcelación da área Loxística Empresarial (LLE) onde nuns 200.000 m2 urbanizaranse para conseguir parcelas de gran tamaño. Fixarase un prezo inferior para as parcelas resultantes da urbanización desta fase 2ª: na modalidade de compra-venda as parcelas máis grandes terán un prezo estimado de 50 €/ m².



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)