Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O Colexio de Avogados da Coruña mediará nos conflitos dos rexistrantes de Puntogal



REDACCIÓN · PUBLICADO O 31 DE XANEIRO DE 2019 · (0)



O decano da institución colexial, Augusto Pérez-Cepeda Vila, e o presidente da asociación, Manuel González González, asinaron onte un acordo para que o Centro de Mediación dos avogados coruñeses resolva estes posibles conflitos.


Desta forma, o Centro de Mediación do Colexio de Avogados da Coruña (Icacor.Media) encargarase da xestión e coordinación do procedemento de mediación e de designar aos letrados mediadores entre os que estean dados de alta no seu rexistro. Pola súa banda, a Asociación Puntogal promoverá nas súas políticas de rexistro as actuacións necesarias para derivar a mediación os posibles conflitos que poidan xurdir entre os seus rexistrantes, situando os procedementos xudiciais como última alternativa.

No acto da sinatura do acordo, Augusto Pérez-Cepeda destacou “a importancia de fomentar a mediación a través de convenios con diferentes asociacións e administracións que impulsen esta forma de resolver conflitos”. Dende a creación da Comisión de Mediación do Colexio de Avogados da Coruña en 2011, a entidade colexial fomentou e difundiu a mediación entre a cidadanía como forma de resolución de conflitos.

Para iso acadou acordos con diferentes organismos como o asinado co Consello Xeral do Poder Xudicial, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e o Ministerio Fiscal para o desenvolvemento do programa experimental de mediación no ámbito penal na Coruña nos anos 2017 e 2018.

Dende a posta en marcha do servizo de mediación colexial Icacor.Media se atenderon máis de 500 expedientes en materias de familia, penal e civil. A través deste centro realízanse os procesos de mediación, tanto extraxudiciais como intraxudiciais. Actualmente, o rexistro de mediadores do Colexio de Avogados da Coruña ascende a 255 mediadores.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)