Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O 18,2% dos case tres millóns de adolescentes con móbil de entre 12 e 17 anos ten indicios de adicción a Internet



REDACCIÓN · PUBLICADO O 31 DE XANEIRO DE 2019 · (0)



Os síntomas son algo máis comúns entre os menores de 12 a 14 anos (18,8%) que entre os de 15 e 17 anos (17,5%), e inclúen neuroticismo, ansiedade social, narcisismo e problemas de autoestima. Signos de alarma: uso de casas de apostas, estar conectado máis de dúas horas e ter máis de 500 amigos online.


Á falta de hábitos de consumo responsable hai que engadirlle outras adiccións derivadas deles: un 21% dos adolescentes de entre 14 e 18 anos xa recoñece que utiliza Internet de forma compulsiva, ademais un 6,4% xogou diñeiro na internet nos últimos anos, o que supón que máis de 146.000 menores utilizaron a Rede para apostar segundo unha análise realizada por www.kelisto.es.

“Os que xogan online teñen dúas veces máis risco de desenvolver este problema, así como os que apostan a través de Internet. Pola contra, canto máis usan os adolescentes o computador para estudar e levar a cabo tarefas educativas, menos síntomas de desenvolver adicción mostran. Entre os factores que contribúen a este fenómeno atópase o aumento do número de dispositivos con conexión en cada fogar e a maior permisibilidade dos pais, que en ocasións utilizan a tecnoloxía como elemento para manter entretidos aos fillos”, destaca Sara Perales, portavoz de Comunicacións de  Kelisto.es.

Tres de cada catro nenos con 12 anos xa dispoñen de teléfono móbil –a partir dos 16, a penetración xa é de máis do 97%-, unha tendencia que obriga aos pais a estar pendentes.

Entre os mozos europeos de 12 a 18 anos, o 63% recoñece que contactou algunha vez cunha persoa á que non coñecía a través de Internet. Deles, case a metade (45,7%) chegou a quedar cara a cara. Ademasi o 21,9% dos mozos sufriu algunha vez acoso online, aínda que en moitos casos estas situacións non se denuncian. Calcúlase que o 20% que experimentaron un caso de acoso viviuno en silencio sen pedir axuda a ninguén da contorna. Ademais, máis da metade dos adolescentes españois admite que non reparou en que o uso das redes sociais e non pensa que comparte poida ter consecuencias para o seu futuro.

Consellos

1. Vixía os dispositivos con acceso a Internet da casa: ademais de computadores e teléfonos móbiles, é importante saber a través de que aparellos poden conectarse os menores a Internet especialmente se queremos regular o tempo que pasan navegando pola Rede.

2. Regula as páxinas que visitan con axuda de software de control parental. Case todos os navegadores e sistemas operativos dispoñen dunha funcionalidade que lles permite limitar e controlar o uso da internet. Como complemento, existen programas específicos desenvoltos polas compañías de seguridade.

3. Utiliza contrasinais para protexer os equipos. A mellor forma de regular o acceso aos dispositivos e aplicacións.

4. Crea diferentes perfís de usuarios. Se cada usuario da casa utiliza o computador desde unha conta diferente, garantirás que os menores non teñan acceso aos teus documentos ou a programas non desexados. De feito, o máis acertado é que o adulto teña unha conta de administrador do equipo e que o neno teña unha de “usuario con limitacións”.

5. Evita compartir información persoal. Aconsellámosche que o teu fillo estea prevido ante sorteos e promocións fraudulentas: lembra, ninguén che vai a regalar diñeiro porque si ou só por introducir os teus datos persoais.

6. Evita clicar sobre ligazóns descoñecidas. Avisa ao adolescente para que non pulse sobre ningunha ligazón de procedencia descoñecida e que puidese recibir por correo electrónico ou a través dunha rede social.

7. Limita as descargas. Moitos dos arquivos que descargamos poden encher o teu computador de  spyware ou software  malicioso. Por iso, non hai que descargar ficheiros de fontes de pouca fiabilidade na internet ou, polo menos, evitar que o menor o faga sen a supervisión dun adulto.

8. Coidado coas  apps e os permisos que aceptamos ao instalalas. Poden solicitar que o usuario consinta ao acceso de información no seu teléfono.

9. Edúcalles sobre o uso de redes sociais. Este tipo de páxinas adoitan requirir que o usuario teña máis de 14 anos, pero pasada esa barreira hai que educar sobre o uso que facemos delas: axúdalles a configurar o seu perfil coa seguridade adecuada e lémbralle que non debe compartir información persoal nas súas publicacións ou que non deben aceptar solicitudes de amizade de persoas ás que non coñezan.

10. Ante calquera irregularidade, actúa. Ante un posible perigo ao que poida estar sometido o teu fillo ou calquera adolescente, non dubides en denunciar ante a unidade de delitos telemáticos da Policía ou a Garda Civil.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)