Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A gran cita dos enxeñeiros de camiños



REDACCIÓN · PUBLICADO O 01 DE FEBREIRO DE 2019 · (0)



Máis de 200 persoas participaron onte á tarde na gala do Colexio de Enxeñeiros de Camiños de Galicia, que deulle as Medallas ao Mérito Colexial a Miguel Fernández Solís, Ricardo Babío Arcay e Santiago Hernández Ibáñez. A conselleira de Infraestruturas, o tenente de alcalde coruñes, o presidente da Autoridade Portuaria e o reitor da UDC arrouparon ao decano.


O decano, Enrique Urcola, lembrou que se trata do “acto máis importante que celebra o noso Colexio, recibimos aos novos colexiados, distinguimos aos compañeiros que chegan aos 25 anos de  colegiación e entregamos as Medallas ao Mérito Colexial de Galicia”. Entregadas a quen prestixia á profesión de forma notoria.

Ethel Vázquez, a conselleira de Infrestruturas, foi a encargada de entregar a medalla colexial a Miguel Fernández  Solís, enxeñeiro municipal no Servizo de Proxectos e Obras do Concello de Santiago. Ademais de valorar a súa traxectoria profesional, tamén se quixo destacar a súa activa participación, representando á entidade colexial ante o Parlamento de Galicia e como  vogal no Xurado de Expropiación de Galicia, en nome da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Enrique Urcola deulla ao seu predecesor no cargo, Ricardo Babío Arcay, enxeñeiro xefe do Servizo de Proxectos e Obras da Demarcación de Costas de Galicia, actividade que compatibiliza coa docencia na área de Portos e Costas da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos da Coruña. E a terceira Medalla recaeu en Santiago Hernández  Ibáñez, foi entregada polo reitor da Universidade da Coruña, Xulio Abalde.  Enxeñeiro pola Universidade Politécnica de Madrid centrou a súa traxectoria profesional na docencia na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos da Coruña e como profesor visitante nas universidades de Southampton e  California. Posúe diversas distincións científicas internacionais, así como a medalla ao Mérito Profesional do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos.

Tamén houbo tempo para que alumnos de 4º da ESO e de Bacharelato do Colexio San Juan Bosco da Coruña expuxeron dous traballos presentados á primeira edición do Premio Nacional de Enxeñería de Camiños. A cita foi no auditorio da Fundación Abanca.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)