Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

En pouco máis dun ano A Coruña terá o seu Hilton



REDACCIÓN · PUBLICADO O 01 DE FEBREIRO DE 2019 · (0)



Será o DoubleTree by Hilton A Coruña, que abrirá portas na primavera de 2020 tras o redeseño que vivirá a que viña sendo sede de REE, un traballo do estudo de arquitectura MMO. É o resultado do acordo entre a coñecida firma internacional e Center Coruña Hoteles.


Onte, na sede do Club Financiero Coruña, presentouse o proxecto de mans de José Souto Meizoso, Presidente de Center Coruña Hoteles e Carlos Miró Matas, Director de Desenvolvemento de Hilton Worldwide para España, Portugal e Andorra. Miró resume o porqué deste investimento. "Pola prosperidade da economía local, o aumento anual das rutas de voos e da demanda de destinos no norte de España, o que converte á Coruña nun emprazamento idóneo”.

José Souto Meizoso defíneo como “un proxecto emocionante que marca a nosa primeira asociación con Hilton. O acordo presenta unha oportunidade fantástica para establecernos como propiedade dun hotel líder co apoio dunha marca internacional con prestixio" .

Na rúa Zalaeta 12, moi preto da praia do Orzán e ao carón de varios centros de ensino públicos e concertados; será o primeiro hotel-boutique da cidade, un catro estrelas superior cunha superficie de 4.450 m2 repartidos entre soto, baixo e cinco plantas. Terá 59 amplas habitacións, un restaurante de alta cociña e gran terraza lounge de 150 m2 aberta á cidade. Os servizos, deseño e tecnoloxía terán os atributos asociados ao selo da primeira cadea hoteleira do mundo, fundada en 1943.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)