Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Nova edición do Programa de Desenvolvemento Directivo do IESE en Galicia



REDACCIÓN · PUBLICADO O 01 DE FEBREIRO DE 2019 · (0)



25 directivos galegos pertencentes a 16 empresas dos sectores bancario, enerxético, automoción, tecnolóxico, alimentación, construción e inmobiliario participan neste PDD que foi inaugurado onte polos profesores Juan José Toribio, Álvaro San Martín e Luis Palencia.


Trátase de executivos en diferentes áreas da dirección: xeral, administración e contabilidade, financeira, recursos humanos, comercial, produción, marketing, etc, que contan cunha experiencia laboral de entre 15 e 20 anos. Marina Camón e Juan de Santiago, directora de Programas Executivos e director de Programas IESE en Galicia, respectivamente, déronlles a bienvenida, destacando a importancia desta formación para lograr unha visión integrada e completa da empresa. “O PDD está deseñado para axudar aos directivos a desenvolver un pensamento estratéxico e habilidades para dirección que facilitarán a toma de decisións”, afirmó Marina Camón. Pola súa banda, Juan de Santiago sinalou que “para os directivos que realizaron o PDD supón un antes e un despois: trátase dunha formación que transforma no profesional e no persoal, e achega aos executivos unha maior seguridade no desempeño das súas funcións”.

O Programa de Desenvolvemento Directivo alterna sesións con traballo de equipo e aborda temática diversa: “Orixe, control e optimización de recursos económicos”; “Mercados e oportunidades de negocio”; “Transformación e cadea de valor”; “Persoas e as competencias da organización”; “Innovación e tecnoloxías da información; “Análise de situacións de negocio”; “Economía global”; “Ética e a dirección de empresas”; Estratexia competitiva e dirección xeral”, e “Iniciativa emprendedora”.

Ademais, esta formación, con prestixio internacional e única en Galicia, conta cun claustro formado por profesores de recoñecida traxectoria docente. Nesta edición participarán Juan José Toribio, José Ramón Pin, José Luis Suárez, Luis Manuel Calleja, Miguel Duro, Ahmad Rahnema e José Luis Illueca, entre outros.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)