Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Ciudadanos supera os 1.000 afiliados en Galicia



REDACCIÓN · PUBLICADO O 01 DE FEBREIRO DE 2019 · (0)



O secretario de organización de C´s en Galicia, Laureano Bermejo, deu a coñecer esta mañá a cifra de afiliados da formación laranxa na comunidade, que supera “xa a barreira dos 1.000 afiliados de cota”. Sumando simpatizantes os inscritos “estamos a día de hoxe en case 7.000”.


Para Bermejo a cifra “dá conta da gran aceptación e implantación que estamos a ter e realizando en Galicia”. Unha implantación que agardan lles permita estar presentes nunha importante cota de concellos para a eleccións de maio. “Grazas ao noso crecemento imparable imos poder presentarnos en case un centenar de concellos galegos”, ou o que é o mesmo, explica o secretario de organización, “presentar candidaturas nun terzo dos concellos que existen na nosa comunidade autónoma”.

Segundo a organización política, a día de hoxe teñen presenza en 90 concellos onde están a aglutinar a afiliados e simpatizantes. O responsable da implantación do partido en Galicia “cada día, súmanse máis persoas ao noso proxecto buscando un cambio para Galicia e unha rexeneración de goberno que ven “máis que necesaria”.

Bermejo sinala que “en Cs cada día recibimos chamadas de xente que quere formar parte dalgunha das agrupacións, sumarse ao proxecto, porque valoran a Cs como un partido que chega sen débedas e sen sospeitas de corrupción e sobre todo, querendo formar parte dun partido de cambio, que xa é urxente en Galicia”. E asegura que para toda esa xente teñen “as portas abertas”.

O partido asegura estar ultimando detalles das listas electorais “traballando sen descanso co primeiro obxectivo claro de abordar do mellor modo as inminentes municipais”. O secretario de organización asegura que "a evolución foi imparable neste último ano e medio en Galicia; ademais dos xa, máis de 1.000 afiliados de cota (persoas que pagan as súas cotas mensuais e están ao corrente de pago), é dicir co compromiso que iso implica coas nosas siglas, estamos a día de hoxe en case 7000 inscritos (suma de afiliados e simpatizantes)".



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)