Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Expertos en reprodución asistida debaten sobre os desafíos lexislativos e éticos



REDACCIÓN · PUBLICADO O 01 DE FEBREIRO DE 2019 · (0)



Destacados especialistas de España e Portugal reúnense hoxe e mañá na Fundación Barrié na terceira edición das Xornadas Galaico Portuguesas de Reprodución Asistida.  En total daranse cita no evento 120 profesionais.

 


As Xornadas, organizadas polo Dr. Moisés Moreira, director de HM Fertility Center da Maternidade HM Belén, congregarán na Coruña os especialistas máis destacados neste campo tanto de España como de Portugal.

Moisés Moreira será o encargado de inaugurar as xornadas esta tarde, ás 17.00 horas. Estará acompañado por Gerardo Gándara, cónsul honorario de Portugal na Coruña, e por Antonio Fernández-Campa García Bernardo, xerente do Sergas. "As xornadas contarán coa presenza dos mellores especialistas de España e Portugal", explica o Dr. Moreira, "o que nos permitirá seguir avanzando para ofrecer aos pacientes as mellores solucións no campo da reprodución asistida”.

Durante a tarde de hoxe trataranse temas relacionados cos desafíos lexislativos en reprodución asistida nun debate que correrá a cargo dos doutores Luis Martínez e Pedro Xavier, presidentes da Sociedade Española de Fertilidade (SEF) e da Sociedade Portuguesa de Medicina de Reprodução (SPMR), respectivamente.

Retos

A mañá do sábado dedicarase aos retos que afronta a reprodución asistida como a reacción do paciente ante un mal prognóstico reprodutivo e a dobre estimulación ovárica. Posteriormente, os doutores Antonio Urries, presidente de Asebir, e Ana Sousa, de Avaclinic Lisboa, tratarán varios aspectos da embrioloxía do século XXI tanto desde unha perspectiva presente como futura. A terceira edición das Xornadas Galaico Portuguesas de Reprodución asistida concluirá cun diálogo sobre ética no que se abordarán cuestións como que facer cos embrións abandonados, a doazón anónima ou a xestación subrogada. Correrá a cargo dos doutores Margarida Silvestre, da Universidade de Coimbra, e Alfonso de la Fuente, do Instituto Europeo de Fertilidade, referentes en ambos os países no campo da ética.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)