Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

“Estamos nun punto de non retorno”



REDACCIÓN · PUBLICADO O 04 DE FEBREIRO DE 2019 · (0)



Tres analistas do Grupo Colmeiro achegan reflexións persoais ao momento que vive Venezuela á espera de saber cal pode ser a saída da encrucillada política na que está inmerso o país a partir da auto proclamación de Juan Guaidó.


Desde Brasil o economista e profesor Francisco Serralvo, non confía nunha  saída propiciada por unha revolta dos militares de baixa gradación. “Isto parece pouco probable, dada a frustrada tentativa de levantamento de 27 membros da Garda Nacional Bolivariana". Para o catedrático en Economía Aplicada da USC, Luís Caramés Venezuela ten “unha especie de maldición cando é un país bendicido pola natureza, pero cuxa desgraza, orixinada por gobernantes corruptos cuxo último expoñente foi Carlos Andrés Pérez, é produto de políticas que sumiron ao país nun círculo pernicioso”.

Malia que parece evidente que a solución producirase dentro do país, son moitas as razóns polas cales as potencias, con Estados Unidos á cabeza, seguidos de Rusia, China e a propia UE manteñen unha constante presión en favor dun ou outro bando. Serralvo considera que o contexto da rexión provoca un incremento da presión contra Maduro ao non recoñecer o seu segundo mandato, resultado dunhas eleccións amplamente contestadas pola oposición e a comunidade internacional. Para o profesor brasileiro Venezuela vive “días difíciles para unha sufrida e golpeada poboación, que está a mercé dun goberno que nada fai de positivo para o seu pobo, salvo manterse no poder e seguir gozando de vantaxes ilícitas. A presión internacional aumenta, esixíndolle a Maduro que convoque eleccións válidas so pena de non recoñecerlle. Con todo dita presión non parece fornecer efecto, dun lado porque os militares -principal apoio de Maduro- non queren cambio de goberno, xa que son os maiores beneficiados do actual estado de cousas, sobre todo cos beneficios derivados do tráfico de drogas.”  

Sarralvo, especializado na economía latinoamericana advirte:“Colombia, país veciño, posúe a maior área de cultivo de folla de coca do mundo, e Venezuela ten a gasolina máis barata da que se extrae o disolvente para o procesamento da folla de coca. Resultado, unha produción estimada polo especialistas en máis de 900 toneladas ano". Venezuela conta con dous apoios internacionais de peso, engade Serralvo: Rusia e China, que xuntos xa investiron máis de 80 mil millóns de dólares no país, e a garantía do retorno dese investimento é o mantemento do goberno actual. “É feito reduce a posibilidade de accións externas e xera relativa tranquilidade a Maduro”.

Luís Caramés engade que “a economía venezolana con Maduro chegou en 2018 a unha diminución do PIB superior ao 10%. Á súa vez, a hiperinflación é unha mostra da dislocación dos sectores produtivos, practicamente sen precedentes no mundo. A todo iso, ha de engadirse o desabastecemento xeneralizado. A violencia é outro pasivo social, cunha cidade como Caracas con taxas de asasinatos superiores ás da Cidade de México”. A xuízo do economista América Latina asiste a unha onda de crecemento, pero a Venezuela actual non está en condicións de aproveitala e, despois de ser un dos países máis ricos do continentes, lastre a súa pobreza durante moito tempo.

Angeles Fernández Ramil,  analista política que viviu parte da súa vida en Venezuela -como miles de galegos- cre que aínda non se pode falar dun cambio político no país.  Pero se considera que esta arremetida da oposición supón un punto de inflexión, estamos “fronte a un punto de non retorno”. A politóloga pensa que Maduro quedou “descolocado” e a proba diso é que a súa resposta é a mesma de sempre, a de “ofrecer un diálogo que xa se sabe como terminou no pasado, coa neutralización da protesta social, permitíndolle retomar a iniciativa. O uso desta táctica non lle resulta tan factible: enfronta a unha oposición, cuxo desafío será manterse unida, conducida por un líder novo, carismático e que apela á unidade do país mediante a oferta dun plan, algo que se non se escoitou por décadas. Igualmente, o factor internacional está a resultar crucial exercendo presión e, niso, a diáspora de tres millóns de venezolanos xoga un papel preponderante”.

Para Ángeles Fernádez serán  “cruciais as ofertas de aministía que se ofrecerán aos militares quen, de seguro, estarán a ver como resultaron ofertas similares en transicións á democracia previas, así como a necesidade de control e unificación do uso da forza nun país onde, ás FFAA, súmase unha milicia paralela de máis dun millón seiscentas mil persoas".



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)