Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Empresarios galegos abren vías de comercialización con Escocia



REDACCIÓN · PUBLICADO O 04 DE FEBREIRO DE 2019 · (0)



Coincidindo coa clausura do festival Celtic Connections -este ano con Galicia como invitada- unha ducia desprazáronse a Glasgow coa Consellería de Cultura e Turismo baixo a marca Galician Tunes on Tour. Moveron a oferta turística no sexto mercado estranxeiro con maior presencia en Galicia, con 65.000 viaxeros en 2018.


Nesta acción piloto estableceuse un primeiro contacto e presentáronse algúns dos produtos especificamente creados para este mercado, como o Celtic Spain Golf& Wellness, no que se conxunta golf con aloxamentos con oferta termal nun paquete deseñado ao gusto de boa parte do mercado británico.

O workshop Experience Galicia celebrouse en Drygate Beer Hall e incluíu unha presentación do destino para realizar despois rápidos encontros de traballo (speed dating) entre os representantes galegos e 15 entidades e operadores turísticos escoceses, especializados en turismo de luxo, cruceiros, Camiño de Santiago ou turismo activo, moitos dos cales buscan produtos diferentes para os seus clientes.

A xornada concluíu coa celebración de Galicia Festa! organizada polo propio festival con actuacións musicais e gastronomía do país. A participación da delegación galega no Celtic Connections rematou o sábado coa inauguración da primeira Mouteira do Camiño, un miliario co símbolo do Camiño de Santiago que marca a distancia ata Compostela e que forma parte da promoción do próximo Xacobeo 2021.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)