Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Portas máis abertas



REDACCIÓN · PUBLICADO O 04 DE FEBREIRO DE 2019 · (0)



A entrada en vigor o 1 de febreiro do Acordo de Libre Comercio entre a Unión Europea e Xapón trae interesantes novidades como que as 42 indicacións xeográficas españolas vaian estar alí protexidas. O acordo beneficia especialmente ao sector agroalimentario: elimínanse os aranceis ao viño.


Tamén é positivo para moitos outros sectores como calzado, química, financeiro, transporte e téxtil. A eliminación de barreiras arancelarias e sobre todo das técnicas vai ter un enorme impacto, ao admitir o país nipón como válidos estándares internacionais. Ademais, as compañías españolas van ter acceso a licitacións xaponesas. Neste contexto, ICEX vai publicar máis de 27 estudos e fichas de mercado sobre o mercado nipón, en sectores como porcino, máquina ferramenta e cosmética.

ICEX en coordinación coa Secretaría de Estado de Comercio, a axencia de promoción xaponesa JETRO e a CEOE, organizaba unha xornada o pasado venres en Madrid para detallar como vai axudar ás empresas para aproveitar este escenario; e nela, a conselleira económica de España en Xapón, Coriseo González-Izquierdo lembrou que a oficina económica e comercial en Tokio ofrece A posibilidade de contratar servizos personalizados como axendas de entrevistas, por exemplo, animando a apostar por Xapón, escaparate privilexiado para outros mercados de Asia.

Ademais, Xapón é unha porta de acceso a moitas compañías españolas a terceiros mercados. Como indicou a conselleira delegada de  ICEX, María Pena: “as empresas españolas e xaponesas demostraron ser excelentes socios globais. Aínda que poden ser competidoras en certos espazos, teñen tamén intereses comúns en áreas como a automoción, o sector ferroviario, a desalación e a enerxía”.

Xapón e España: a relación comercial

Xapón é o noso segundo socio comercial en Asia, só por detrás de China, cun volume de intercambios que mostrou unha evolución recente moi favorable. No últimos nove anos, as exportacións españolas caracterizáronse polo dinamismo, de forma que os 1.200 millóns de euros que as nosas empresas vendían nese mercado en 2009 convertéronse, en 2017, en máis de 2.400. É dicir, hanse máis que duplicado.

Se falamos de servizos, as exportacións en 2017 incrementáronse unha 28,9% fronte ao 2016. Algunha das oportunidades de negocio que mencionou o presidente de  JETRO,  Yasushi  Akahoshi, foron a copa mundial de Rugby deste ano, os Xogos Olímpicos de 2020 ou a Expo 2025 en Osaka- Kansai.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)