Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

As grandes empresas españolas xeran o 39% do Valor Engadido Bruto



REDACCIÓN · PUBLICADO O 04 DE FEBREIRO DE 2019 · (0)



As compañías que teñen 250 ou máis traballadores só supoñen unha porcentaxe moi pequena do número total de empresas, pero teñen un papel moi importante pola súa elevada contribución ao Valor Engadido Bruto (VEB) da economía.


En 2016, último ano para o que Eurostat ofrece datos comparados de 22 países da Unión Europea, este tipo de empresas supoñía unicamente, en promedio da UE, un 0,2% sobre o total, pero xeraban unha media do 43,7% do VEB total. Os países co maior Valor Engadido Bruto atribuído ás grandes compañías son o Reino Unido cun 52,1%, Polonia (48,7%), Hungría (46,5%) e Alemaña (45,3%). A República Checa, Eslovaquia e Francia tamén se sitúan por riba do promedio europeo con cifras superiores ao 44%.

Arredor do 39% temos a tres países: Suecia, cunha porcentaxe do 39,5%, e Finlandia e España, onde se sitúan no 39,1%. No noso país as grandes empresas son só un 0,1% do tecido empresarial, pero xeran máis dun terzo do VEB total. Croacia (38,7%), Bélxica (37,9%), os Países Baixos (37,6%) e Austria están por riba do 37%, mentres que a cifra baixa ao 36,7% en Bulgaria e Eslovenia tamén supera o 35% cun 35,4%.

Por debaixo desa porcentaxe están Luxemburgo (34,8%), Italia (32,7%), Lituania (32%) e Letonia (30,8%), mentres que xa baixan do 30% Estonia e Malta, que pechan a clasificación cun 23,6% e un 20,9%, respectivamente.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)