Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Nueva Pescanova inviste 42,5 millóns en renovar a súa flota no Hemisferio Sur



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE FEBREIRO DE 2019 · (0)



A ministra de Industria, Reyes Maroto, visitou onte en Vigo os sete novos barcos que se están a construír no estaleiro Armon para faenar nos caladoiros de Namibia e Mozambique, así como a fábrica de surimi que a compañía ten na súa sede de Chapela.


A ministra subiu ao primeiro dos tres fresqueiros de 50 metros de eslora en construción, que faenará para a pesca de pescada en Namibia, cuxa entrega está prevista para o vindeiro verán. Ademais, comprobou os avances dun dos catro buques conxeladores de 32 metros para a pesca de langostino da filial Pescamar de Mozambique.

Todos os buques incorporarán motores de alta eficiencia enerxética; o seu equipamento mellorará o sistema de procesado a bordo para un maior rendemento e calidade do produto, e a súa habilitación ofrecerá maior confort, mellorando as condicións de traballo e vida das tripulacións. Segundo declarou Maroto, “o esforzo tecnolóxico e investidor de Nueva Pescanova e Armón conseguiu que estes barcos se constrúan en España. Unha gran noticia que reforza dous grandes sectores galegos, o agroalimentario e o naval”. A construción dos sete novos buques ten lugar nos estaleiros Armon de Vigo e de Burela (Lugo), xerando ao redor de 200 empregos

A representante do Goberno central foi recibida por Laudelino Alperi, CEO e socio de Armon, e por Ignacio González, CEO do Grupo Nueva Pescanova. Á visita tamén asistiron o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada; o alcalde de Vigo, Abel Caballero; a conselleira do Mar, Rosa Quintana; a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; o delegado do Estado na Zona Franca de Vigo, David Regades, e a subdelegada do Goberno na provincia de Pontevedra, Carmen Larriba.

Pola tarde, Reyes Maroto visitou o centro industrial da sede do Grupo Nueva Pescanova en Chapela (Pontevedra), adicado á elaboración de produtos de surimi, tanto conxelado como refrixerado. Nesta fábrica, altamente automatizada con oito liñas de produción, prodúcense 20.000 toneladas de surimi ao ano en distintos formatos.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)