Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Un exemplo para o sector lucense agroalimentario



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE FEBREIRO DE 2019 · (0)



"Megaro Foods demostra que Lugo ten potencial empresarial", afirma o secretario da CEL Jaime López, que visitaba onte as instalacións da cárnica en Castro de Ribeiras de Lea para coñecer de primeira man cómo traballa. Factura preto de 12 millóns ao ano, cantidade que conta duplicar, e ten presenza en Cuba.


Megaro Foods é unha empresa de orixe catalá que conta desde o pasado ano cunha planta de procesado de gando vacún e ovino en Galicia. Integrada en 2018 no consello asesor da CEL leva máis de vinte anos operando no sector cárnico: fornece de carne fresca e ultraconxelada a restauración, hostalería e industria alimentaria.

Alta calidade e a innovación nos procesos marca as súas pautas produtivas. López sinalou que esta empresa é un exemplo “do futuro que queremos para a provincia” con “empresarios decididos a investir neste territorio, en sectores que sempre foron clave como o agroalimentario, pero que poden ter un maior percorrido e máis impacto na xeración de riqueza da man de investidores con visión de futuro e con vocación de expansión".  O sector exterior supón xa o 80% do volume de negocio da firma. Esta forte visión internacional “é un valor importante para a CEL, pode converterse en empresa tractora para outras compañías da provincia”.

Megaro Foods xa opera por exemplo en Cuba e prevé incrementar a presenza coa posta en marcha dunha nova factoría na Zona Especial de Desenvolvemento Mariel, unha área situada uns 45 quilómetros da Habana na que o goberno cubano inviste para dotala dun parque industrial de alta tecnoloxía e zona loxística con moderna terminal de contedores.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)