Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A baixa produtividade do factor traballo en España



REDACCIÓN · PUBLICADO O 06 DE FEBREIRO DE 2019 · (0)



Este país está entre os estados da UE-28 con menor aumento deste índice –definido como PIB real por persoa ocupada–, cun incremento previsto de só o 0,4% para 2019, fronte ao 1,1% de promedio que a Comisión Europea estima para todo o territorio comunitario.


O avance previsto da produtividade do factor traballo para o conxunto de países da UE-28 este ano é algo superior ao do 0,9% co que se espera pechar o exercicio de 2018, pero existen diferenzas entre países. Os maiores incrementos da produtividad laboral corresponderán, de novo, a gran parte dos estados membros de recente adhesión, destacando sobre todo Romanía, onde se chegará a un avance do 4%. Polonia e Bulgaria, ambas con aumentos do 3,4%, e Lituania, Eslovaquia, Hungría e Letonia, que lograrán tamén uns incrementos considerables situados arredor do 3%, sitúanse a continuación.

Irlanda será o país da antiga UE-15 co maior aumento da produtividade do factor traballo, pero xa a máis a un punto porcentual de distancia do que lle precede nesta clasificación: un 1,9%. A República Checa rexistrará un 1,7%, mentras que Malta acadará un 1,3% e Finlandia se quedará xusto na media do 1,1%. O resto de estados, un total de 15, xa quedan por debaixo do promedio europeo.

Alemaña e Francia encabezan este grupo cun incremento do 1%, seguidas de Austria, Suecia e os Países Baixos, que compartirán un 0,9%. Bélxica, Eslovenia e Croacia xa baixan ao 0,8%, e o aumento se reduce ao 0,7% no Reino Unido e ao 0,5% en Portugal. España rexistrará unha das taxas máis baixas da Unión Europea. A produtividade do factor traballo no noso país só medrará un 0,4% en 2019, por debaixo da media europea e ocupando un dos últimos lugares na clasificación, xunto con Grecia, que ten a mesma taxa, Italia e Luxemburgo, que pechan a clasificación cun 0,2%.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)