Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A conversión de contratos temporais a indefinidos bate récords



REDACCIÓN · PUBLICADO O 07 DE FEBREIRO DE 2019 · (0)



As 837.988 conversións realizadas en España en 2018 supoñen un aumento do 22,1% e o dato máis elevado dos últimos dez anos, situándose moi preto dos niveis previos á crise económica, segundo unha análise de Randstad.


Cando se analiza a serie histórica, se observa que dende o ano 2007, momento no que se superaron as 900.000 conversións, o número deste tipo de contratos descendeu durante cinco períodos consecutivos ata rexistrar a cifra máis baixa en 2012 (395.882). Dende entón, as conversións non deixaron de aumentar ata rexistrar en 2018 esta cifra récord.

Estes 837.988 contratos temporais convertidos en indefinidos representan o 36,7% do total de contratos indefinidos do ano, é dicir, is dun terzo dos contratos indefinidos de 2018 procede de contratos temporais. O aumento de contratos temporais convertidos en indefinidos e o achegamento ás taxas de conversión previas á crise confirman a tendencia positiva do mercado laboral e a recuperación económica. De igual modo, estes datos reflicten que a contratación temporal funciona como ponte a un posto de traballo estable”, sinala Luis Pérez, director de Relacións Institucionais de Randstad.

Un dos datos máis significativos deste estudo é a evolución da conversión de contratos a nivel autonómico. É destacable que durante o pasado ano todas as rexións seguen aumentando o número de contratos convertidos en indefinidos. No caso de Galicia, o incremento foi do 29,1%, o sexto maior do país e sete puntos porcentuais por riba da media nacional. Andalucía é a comunidade autónoma onde máis medrou a conversión, cun incremento do 43,1%, seguida de Murcia e Navarra con incrementos do 33,2% e 32,4%, respectivamente.

Xunto con Galicia, hai outras seis comunidades autónomas que superan a media española: Asturias (32,2%), Castela-A Mancha (31,8%), Aragón (28,7%), Estremadura (28,1%), País Vasco (26,8%) e Comunidade Valenciana (25,3%). Por debaixo da media e rexistrando os menores incrementos, atópanse A Rioxa (19,3%), Castela e León (16,7%), Cantabria (14,8%) ou Madrid (14,6%). Na cola sitúanse Cataluña (11,5%), Canarias (10%) e Baleares (6,9%).

Por idades

Cando se analizan os datos en función da idade do traballador, a análise pon de manifesto que os contratos convertidos en indefinidos aumentaron en todos os grupos de idade, sendo entre os maiores de 45 anos onde máis medran. Cun aumento do 40,2% respecto a 2017, as conversións de contratos neste colectivo acadaron os 198.764, sendo por terceiro ano consecutivo a cifra más alta do período estudado.

Os empregados con idades comprendidas entre os 25 e os 45 anos, conforman o segundo grupo onde máismedran as conversións (17,6%). De feito, sitúase como o que máis logra este tipo de contratos en termos absolutos, xa que seis de cada dez conversións pertencen a este colectivo. Durante o ano pasado, 531.772 contratos temporais de traballadores de entre 25 e 45 anos pasaron a ser indefinidos, superando a cifra do medio millón por primeira vez dende 2008. Os ocupados máis novos, menores de 25 anos, son os que rexistran unha taxa menor de crecemento. En concreto, en ocupados deste grupo de idade aumenta un 16%, pero superan a barreira dos 100.000 por primeira vez en nove anos, ao acadar as 107.452 conversións.

Tendo en conta a formación académica do traballador, tanto nos profesionais con estudos universitarios como con primarios, a conversión obtivo cifras récord no período estudado con 150.894 e 233.498 contratos, respectivamente. En canto aos contratos con formación secundaria, o dato é tamén positivo, xa que seguen aumentando por sexto ano consecutivo, supoñendo o 54,1% do total das conversións. En 2018 asináronse un total de 453.596 contratos a este tipo de profesionais, o que se traduce nun crecemento do 19,8% no último ano.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)