Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Aberta a inscrición para unha nova Lanzadeira de Emprego en Vigo



REDACCIÓN · PUBLICADO O 07 DE FEBREIRO DE 2019 · (0)



Fundación Santa María la Real, Fundación Telefónica e o Concello de Vigo renovan colaboración para poñer en marcha a II Lanzadeira. Os interesados en participar -na pasada edición logrou unha inserción laboral do 60%- teñen ata o 6 de marzo para facer a inscrición.

A iniciativa servirá para axudar a 20 persoas desempregadas a activar a procura de traballo con novas ferramentas contando co acompañamento dun técnico especializado. Poden participar homes e mulleres de entre 18 e 60 anos con calquera nivel de estudos e proceder de calquera sector laboral, teñan ou non experiencia previa. Pero non é unha axencia de colocación onde se dá traballo aos participantes. É un programa intensivo para orientar.

A próxima Lanzadeira de Emprego de Vigo será a segunda que funcione na cidade tras a edición celebrada en 2017 con bos resultados, xa que case o 60% dos seus participantes modificaron a súa situación atopando traballo por conta allea, promovendo o seu propio negocio ou cursando Certificados de Profesionalidade con acceso a prácticas laborais.  

Poderán participar persoas con calquera nivel formativo (sen estudos, Graduado Escolar, ESO, Formación Profesional, Bacharelato ou estudos universitarios) para configurar un equipo o máis variado e heteroxéneo posible para que entre os seus integrantes non exista competencia á hora de buscar traballo, senón que compartan coñecementos cunha cultura colaborativa.

Que farán?

Reuniranse varios días á semana en locais do Concello. Coa guía e orientación dun técnico especializado da Fundación Santa María la Real levarán a cabo talleres de  autoconocimiento e intelixencia emocional para aprender a facer un plan de procura de traballo e enfocar o seu obxectivo; actualización e modernización de currículos; simulacións de entrevistas de traballo e procesos de selección grupal. Ademais aprenderán novas técnicas de comunicación, márketing e marca persoal; realizarán visitas a empresas e organizarán encontros con reclutadores e expertos.

Con este esquema funcionaron máis de 500 de emprego por todo o país, con máis de 11.000 participantes. “As lanzadeiras son un proxecto ilusionante e innovador e poiamos esta iniciativa buscando ser un axente multiplicador que potencien os bos resultados”, indican desde Fundación Telefónica. Hai ata o 6 de marzo para facer a inscrición na web de Lanzadeiras e no Rexistro do Concello.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)