Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

As web dos hoteis xa son a terceira fonte de chegada de viaxeiros



REDACCIÓN · PUBLICADO O 07 DE FEBREIRO DE 2019 · (0)



Superan en volume á maior parte de sistemas de intermediación. Así o asegura SiteMinder, unha plataforma de adquisición de clientes da industria hostaleira. “Este ano atopámonos con case 20 canles de reservas que aparecen por primeira vez. Aínda que as marcas tradicionais seguen dominando a lista, hai maior variedade de participantes”.


“Esta tendencia non só reflicte o aumento de opcións para realizar reservas, senón tamén a necesidade de que os hoteis estean presentes en máis canles para facer fronte ás innumerables modalidades de compra”, afirma Mike Ford, o director xeral de  SiteMinder, que presenta hoxe novos datos sobre as canles de reservas que máis ingresos xeraron para este sector en España e noutros destinos en 2018. Os dous primeiros postos ocúpanos Booking e Expedia.

A variedade na lista deste ano, que inclúe desde canles propias ata outros de terceiros, a distintas axencias de viaxe por internet e sistemas de distribución global; reflicte un aumento da oferta para os consumidores, que obriga aos hoteis a competir en máis canles de reservas que nunca. Tendo en conta os datos do informe, este aumento nas opcións tamén é indicativo de que o segmento turístico despraza ao das aerolíneas no que respecta ás vendas realizadas a través de servizos de terceiros. Segundo Euromonitor International, as vendas hostaleiras na internet realizadas a través destes servizos superaron os 142.000 millóns de euros, o que representa un crecemento de máis do 250 % na última década e dun 13 % só no último ano. Este crecemento duplica con fartura o das vendas obtidas polas liñas aéreas.

“Aínda que en 2018 puidemos observar unha lixeira desaceleración do turismo nalgunhas rexións, estamos a vivir unha época de ouro para o conxunto da industria. Con todo, apenas se fala do crecemento das vendas por internet que está a experimentar o sector hostaleiro. Os hoteis son unha peza crave para o turismo e os nosos estudos mostran que están a axudar a potenciar a economía de moitísimos países", explica Ford. Tendo en conta os ingresos brutos totais dos aloxamentos que utilizan SiteMinder en España, as 12 principais canles de reservas hostaleiras en 2018 foron:

1.     Booking

2.     Expedia

3.     Páxinas web dos hoteis (reservas directas)

4.     Hotelbeds (incluídos  GTA e  Tourico)

5.    Sistemas de distribución global

6.     NT Incoming     

7.     Hotusa

8.     Agoda

9.     HRS - Hotel  Reservation  Service

10.   Jet2 holidays

11.   Welcome  Incoming

12.   On  the  Beach



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)