Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Á procura de cartos



REDACCIÓN · PUBLICADO O 08 DE FEBREIRO DE 2019 · (0)



O último LaconNetwork, un foro no que se reúnen as principais aceleradoras de Galicia para buscar investidores para os seus proxectos, é un dos mellores espazos para saber que se coce no mundo das novas ideas.


As candidaturas presentadas -foron desta vez 27- son dende startups e emprendedores, a pemes e mesmo algún centro tecnolóxico e universitario. Nesta cita celebrada onte na coruña, R tamén foi elixida “Mellor empresa tractora” de proxectos innovadores nos Premios Galicia TIC 2019 promovidos polo Clúster Audiovisual Galego xunto co Laconnetwork.

O Director Xeral de R, Alfredo Ramos, recolleu o galardón no Pazo de Congresos e Exposicións da Coruña (Palexco) agradecendo este recoñecemento ao traballo que fan en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para lanzar a nova aceleradora dixital de R startups R DiCo Challenge. Hoxe mesmo péchase o prazo de presentación de proxectos para algún dos 5 retos que se lanzaron e deseguido comeza a etapa de selección da que sairán vinte ideas que pasarán á fase de preaceleración. Todas participarán en marzo nunha xornada de defensa que cada aspirante fai da súa iniciativa e rematarase coa elección dos cinco proxectos definitivos para a fase de aceleración.

A meirande parte son iniciativas galegas, aínda que tamén hai proxectos doutras partes de España e mesmo de Portugal e, agás excepcións, case todas van aliñadas cos retos lanzados: enriquecemento de contidos deportivos, desenvolvemento de aplicacións para Android TV (gaming), contidos formativos e divulgativos innovadores e solucións de Big Data aplicadas ao consumo televisivo.

Grandes ideas

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, tamén estivo presentando proxectos apoiados pola rede galega de aceleradoras, a anunciada plataforma StartIN Galicia, que agrupa todos os apoios que a Consellería de Economía, pon a disposición das startups para establecerse en Galicia. As aceleradoras como ViaGalicia, Connecting for Good Galicia, Business Factory Auto ou Conector Galicia, reúnen proxectos como Insulclock, que desenvolveu un dispositivo electrónico que se acopla á pluma da insulina e almacena información relativa á súa administración nunha app, mellorando así a calidade de vida das personas con diabetes tratadas con insulina; Sense(z), un proxecto biotecnolóxico, que presenta un dispositivo biométrico que permite a toma de datos e parámetros para a análise pormenorizada dos alimentos a inxerir; Tidyand cloud utilitis, que, baixo o modelo de Cloud Computing SaaS, ofrece un software de xestión venta-postventa, para empresas con SAT; Appentra Solutions SL, compañía de software que facilita a programación en paralelo e, por último, Fittingpup, unha plataforma de saúde e benestar para mascotas enfocada ao veterinario, aos donos de mascotas e á industria.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)