Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O grupo galego Marsan consolida actividade en México



REDACCIÓN · PUBLICADO O 11 DE FEBREIRO DE 2019 · (0)



COFIDES achégalle 1.000.000 de euros para a posta en marcha dunha planta de pintura recubrimiento superficial Epoxi en Villagran- Celaya. A empresa viguesa -cuxo presidente é Luciano Marínez Cobelo- subministra produtos e servizos á industria de automoción dende 1951.


COFIDES xa acompañara esta peme na súa implantación en Celaya (Estado de Guanajuato) en 2013. E en 2016, a empresa iniciou unha segunda planta produtiva para un dos seus principais clientes en Villagrán. Con este novo financiamento, Grupo Marsan -que tamén traballa en transformación metálica, ensamblaxe de compoñentes e loxística- adquirirá equipos e instalacións para poñer en produción esta terceira planta de pintura.

O presidente de Grupo Marsan, Luciano Martínez Covelo, asegura que a súa empresa está recoñecida como unha das mellores  de pintoras industriais referentes a nivel mundial, especialista en revestimentos superficiais para automoción. Desde 2016, Grupo Marsan conta cun centro tecnolóxico propio, responsable das actividades de I+D+i da compañía, así como de atender ás necesidades de todos os operadores do sector do automóbil. A súa sede central, e principal planta operativa, localízase en Vigo e conta con filiais en España, México e Portugal. Na actualidade ten un persoal global que supera os 400 empregados (170 en España, 40 en Portugal e 200 en México).

En canto a COFIDES é unha sociedade público-privada que desde 1988 ofrece apoio financeiro aos investimentos das empresas españolas no exterior con fondos FIEX e  FONPYME por conta da Secretaría de Estado de Comercio. No seu accionariado tamén participan o Banco Santander, BBVA, Banco Sabadell e CAF-Banco de Desenvolvemento de América Latina.  COFIDES facilitará neste caso 1.000.000 de euros á empresa galega mediante un préstamo de coinversión á sociedade de proxecto,  Itech  Ecoenergías S.A. de CV, con cargo aos seus recursos propios (25%) e ao  FONPYME (75%). O investimento total queda en 1,5 millóns de euros.        



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)