Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A Axencia Galega de Emerxencias presenta un proxecto didáctico no Día Europeo do 112



REDACCIÓN · PUBLICADO O 11 DE FEBREIRO DE 2019 · (0)



Con motivo da celebración do Día Europeo do 112 a Axencia Galega de Emerxencias (Axega) presentou o novo proxecto destinado a concienciar e sensibilizar a toda a sociedade galega, e específicamente ás nenas e nenos, sobre o bo uso do teléfono de emerxencias 112.  


Esta mañá, na sede do CIAE 112 Galicia, Alfonso Rueda, acompañado do director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e do xerente da Axega, Marcos Araújo, xunto aos Bolechas, explicáronlles aos escolares galegos que participaron no acto a necesidade de coñecer o teléfono pero tamén en que circunstancias pode, e debe, utilizarse. 

Tamén incidiron noutros consellos básicos de axuda en calquera emerxencia que todas as nenas e nenos deben coñecer, como a dirección da casa e daqueles lugares nos que pasan tempo acotío como poden ser a casa dos avós ou a escola. Isto axudará en caso de ter que explicar onde están se deben pedir axuda. 

Precisamente para concienciar e sensibilizar a toda a sociedade, e xa desde as novas xeracións, no bo uso do teléfono de emerxencias 112, a Xunta pon en marcha este proxecto didáctico cos Bolechas como protagonistas que se desenvolverá ao longo de todo este ano 2019. Trátase dun completo programa destinado tanto a colexios como ao ámbito familiar que inclúe guías didácticas, cadernos de traballo e material dixital e audiovisual para dar a coñecer ben o 112.

A primeira proposta é un audiovisual que se presentou hoxe e que permite achegarse de forma rápida a todo o traballo da Axega. Montado en formato BraulioTuber, permite coñecer en menos de 10 minutos tanto os medios dispoñibles en Galicia para actuar ante unha emerxencia como o propio proceso de actuación dos diversos corpos encargados da nosa seguridade e o papel da cidadanía ante unha situación de emerxencia: desde saber que é unha emerxencia e cando debemos chamar ao 112 ata consellos para poder informar correctamente nunha urxencia.

Tanto este primeiro audiovisual como o resto de materiais deste proxecto serán usados pola Axega en diversas accións destinadas ao ámbito escolar co fin de mellorar o coñecemento sobre o seu traballo, ensinar á cidadanía a comportarse correctamente diante dunha emerxencia e sensibilizar no bo uso do teléfono 112.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)