Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os empresarios do Polígono de Carballo urxen ao Concello ao peche nocturno do recinto



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE MARZO DE 2019 · (0)



Denuncian que nas últimas semanas houbo numerosos roubos de combustible en vehículos pesados estacionados no Polígono de Bértoa, “o que está xerando un crecente malestar entre o colectivo empresarial”.


Segundo explican nun comunicado, o último episodio sucedeu na madrugada do pasado sábado, cando descubrimento in flagranti por parte da Policía Local de Carballo de dous individuos nas inmediacións dos camións da empresa Rama derivou nunha aparatosa persecución polos viais do polígono e pola autopista AG-55. Persecución con evidente risco para a integridade física dos implicados, como de posibles usuarios destas vías.

Ante estes feitos, dende a Comunidade de Propietarios do Polígono se presentou por rexistro unha solicitude formal na que se insta ao Concello de Carballo a autorizar o peche nocturno destas instalacións. Segundo explican os empresarios, esta medida xa recibiu o visto bo da Subdelegación do Goberno e de Xestur, polo que afirman que só está pendente que o Concello formalice a autorización definitiva.

Por outra banda, a Comunidade de Propietarios sinala que tamén solicitou que o Concello asuma o servizo de video vixilancia que no seu momento instalou a organización empresarial en varias rúa e nos accesos ao polígono, e que na actualidade se atopa inoperativo ao non poder facerse cargo del a Comunidade de Propietarios por ser os viais de titularidade pública. Así as cousas, os empresarios consideran que adoptando estas dúas medidas aumentaría considerablemente a seguridade do polígono, se facilitaría o traballo á Policía Local e á Gardia Civil, e se evitarían situacións como as do pasado sábado.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)