Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A industria agroalimentaria terceira en exportacións tras a téxtil e a automoción



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE MARZO DE 2019 · (0)



Un total de 1384 empresas da industria da alimentación venderon os seus produtos ao exterior en 2018, e delas case a metade exportan regularmente. O sector agroalimentario e o biotecnolóxico, con 3000 millóns de euros durante o ano pasado, representan o 13,4 % do total das exportacións galegas.


O director do Igape, Juan Cividanes, informou hoxe, na sede do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), sobre os programas autonómicos de apoio á internacionalización, centrándose especialmente no sector da agroalimentación, un eido onde as vendas ao exterior superaron o ano pasado os 3000 millóns de euros.

Un total de 1384 empresas galegas do sector da alimentación venderon o ano pasado os seus produtos no exterior. Delas, case a metade, 663, exportan regularmente, é dicir, fixérono de forma consecutiva durante os últimos catro anos, o que supón un incremento do 1,1 % con respecto a 2017.Ademais, as vendas ao exterior superaron o ano pasado os 3000 millóns de euros neste sector, só superado polo téxtil e a automoción.

Entre os produtos alimentarios máis vendidos no exterior, destacan os pesqueiros, cárnicos, lácteos e ovos, seguidos polas froitas e hortalizas, as bebidas e as graxas e aceites. Os principais destinos da produción agroalimentaria galega son os países da Unión Europea, con Portugal e Italia á cabeza, seguidos por Estados Unidos e China.

Datos xerais de exportación

En xeral, as exportacións galegas superaron por primeira vez en 2018 a barreira dos 22.000 millóns de euros, acadando un 8 % do total das exportacións españolas.

Sobre o comportamento exportador doutros sectores produtivos, destaca o incremento no sector da maquinaria, que medrou un 92,2% e acadou un valor de 762 millóns de euros; o dos cementos que subiu nun 55,1% e logrou un volume de 135 millóns; e o dos produtos minerais, que se incrementou nun 23,7% e acadou unhas vendas de 1.980,2 millóns.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)