Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Sonia Méndez estrea a road movie feminista "Antes de perder"



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE MARZO DE 2019 · (0)



A cineasta e actriz galega estrea este xoves, na véspera do 8 de marzo, a road movie de corte feminista Antes de perder na plataforma dixital Playz. As produtoras, RTVE e Cósmica Producións celebrarán a estrea cunha festa ese mesmo día na Sala Capitol de Santiago. 


Á festa da estrea que comezará ás 20:30 h na sala compostelá, asistirá parte do elenco, composto polas coñecidas actrices españolas Esther Acebo (A Casa de Papel) e Mariam Hernández (Cuestión de Sexo, Amar es para siempre) e mais por un nutrido grupo de actores e actrices galegas, como Xulio Abonjo, Manuel Manquiña, David Amor, Xosé Touriñán, Marcos Pereiro, Xosé Barato, Alberto Rolán, Federico Pérez, Patricia Vázquez, Carolina Igrexas (Percebes y Grelos) ou as señoras da canle Teño unha Horta en San Sadurniño.

Antes de perder é a historia de Jana e Diana, dúas mulleres de trinta e tantos que son tan diferentes en todo que, en condicións normais, quizais nin cruzasen un par de palabras. Pero agora mesmo teñen algo en común: as súas vidas están en punto morto e só necesitan unha faísca para empezar a vivilas con intensidade... ou para acabar apodrecendo no cárcere. Xuntas lanzaranse á estrada nunha fuxida sen retorno, forxarán unha amizade a lume e asfalto e compartirán unha historia que non deixa de ser unha emocionante e divertida reivindicación da sororidade.

Ademais da serie desenvolverase un universo transmedia propio: acompañará a súa emisión cunha miniserie de sete pílulas protagonizada polas personaxes de Xosé Touriñán e Marcos Pereiro e coa retransmisión vía Instagram da visión da historia dunha das súas protagonistas. 

Acompañan a Sonia Méndez a produtora Nati Juncal e a directora de fotografía Lucía Catoira, entre outras, nun equipo composto na súa maioría por mulleres.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)